O Galicia Spirit é un buque metaneiro de bandeira española, construído en 2003 co nome de Elvira Tapias en Seúl, e rebautizado en 2004 como Galicia Spirit. Está rexistrado no porto de Santa Cruz de Tenerife e é propiedade da empresa eléctrica Gas Natural Fenosa.

Características Eslora: 279,80 m Eslora na flotación: 268,80 m Manga máxima: 43,40 m Calado: 12,12 m Puntal: 26 m Velocidade: 19,5 nós. Tonelaxe bruta: 94822 Sociedade de clasificación: Lloyd's Register

Historia O buque, propiedade da eléctrica Unión Fenosa, estivo operando entre 2004 e 2005 para unha empresa malaisiana, a Malaysia Int. Shipping Co. Berhad. A partir de xaneiro de 2005 foi empregado por Unión Fenosa para o traslado de gas natural licuado dende Damietta (Exipto) ata diversos portos españois.

O buque fíxose famoso por ser o primeiro en levar a subministración de gas á planta industrial de Reganosa (Mugardos), no interior da ría de Ferrol. O buque foi bloqueado o 7 de maio de 2007 por diversas pequenas embarcacións de mariscadores, que protestaban contra o que crían un perigo ecolóxico para a ría. O 9 de maio, grazas á intervención policial conseguiu atracar en porto.

Notas

Categoría:Mercantes Categoría:Artigos sen imaxes Categoría:Barcos de 2003