A , tamén chamada , foi unha escola de pensamento chinés centrada na investigación filolóxica, activa entre o 1600 e o 1850, durante a dinastía Qing. Tivo o seu auxe durante os reinados dos emperadores Qianlong e Jiaqing; debido a isto, tamén recibe o nome de . A súa metodoloxía aproxímase á da crítica textual moderna, e asóciase co empirismo a nivel científico.
Historia O movemento kaozheng emerxeu cara a finais da dinastía Ming, como unha crítica ó subxectivismo da escola de Wang Yangming. Tras o colapso da dinastía, estes eruditos culparon ó subxectivismo imperante da caída do goberno, polo que defenderon o estudo práctico de realidades obxectivas. Así, centráronse no estudo crítico das fontes confucianas para atopar os seus significados orixinais. A meirande parte dos representantes da kaozheng eran leais ós Ming, polo que rexeitaron traballar como funcionarios dos Qing.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Filoloxía Categoría:Filosofía chinesa