Carol é unha novela da escritora estadounidense Patricia Highsmith. Publicada orixinalmente en 1952 baixo o título "The Price of Salt" ("O prezo do sal") co pseudónimo de Claire Morgan, foi reeditada en 1989 co título de Carol, aparecendo xa con Patricia Highsmith como autora.
Foi traducida ao galego por María Alonso Seisdedos e publicada por Kalandraka en 2022 nunha edición revisada con epílogo da autora. É comunmente mencionada como pioneira ao abordar a temática lésbica desde unha perspectiva non tráxica, ademais da repercusión que obtivo no momento da súa publicación, cun gran número de exemplares vendidos.
Argumento Nova York, finais da década de 1940. Therese Belivet traballa durante a campaña de Nadal nuns grandes almacéns, e alí coñece unha clienta, Carol Aird, que a impresiona a primeira vista. Entre as dúas xurdirá un amor capaz de romper coas convencións sociais desafiando os estereotipos da época sobre a homosexualidade lésbica.
Recoñecementos á obra en galego
Finalista na categoría de obra traducida nos Premios Follas Novas do libro galego 2023.
Adaptacións Adaptada ao cinema en 2015 con Todd Haynes como director do filme, e coas actrices Cate Blanchett e Rooney Mara nos papeis protagonistas.
Notas
Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego
Categoría:Obras literarias de 1952 Categoría:Literatura LGBT Categoría:Novelas ambientadas nos Estados Unidos de América Categoría:Nova York