Hélène Huvelin, nada o 20 de xuño de 1916 e finada o 30 de abril de 2006, foi unha numismática francesa."Hélène Huvelin". Numista.com"Huvelin, Hélène (1916-2006)". Identifiants et Référentiels pour l'ESR (idref.fr).
Traxectoria Hélène Huvelin centrou o seu interese pola numismática na moeda da antiga Roma, sinaladamente do período 260-337.
Logo da segunda guerra mundial, foi unha estreita colaboradora dos numismáticos Pierre Bastien —de quen foi secretaria— e de Hans-Georg Pflaum, e contribuíu a varios estudos arqueolóxicos e numismáticos relevantes, entre eles Corpus des trésors monétaires de la France.
Ingresou na Sociedade Francesa de Numismática en 1963, e nesta entidade ocupou os cargos de secretaria (1967-1979) e de presidente (1981-1983)."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org). En 1984 foi nomeada presidenta honoraria da Sociedade.
A partir de 1973 vinculouse profesionalmente ao Gabinete de Medallas e Moedas da Biblioteca Nacional de Francia, onde ficou ata a súa xubilación. Alí focalizou as súas investigacións nos tesouros de moeda romana, no Imperio Galo e no usurpador Carausio.
Hélène Huvelin finou o 30 de abril de 2006.
Escolma de publicacións A produción académica de Huvelín abrangue 97 publicacións, entre elas as seguintes:
(1960). "Trésor d’ antoniniani à la Butte de Warlencourt : de Valérien à Aurélien". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. Vol. CVI. Páxinas 199-242. (1961). "Trésor de folles (295-313) enfoui en Gaule". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. Vol. CVII. Páxinas 24-45. (1969). "Trésor d'antoniniani en Syrie. La Victoria Parthica de Valérien. Les émissions d'Aurélien à Antioche et Tripoli" (con Pierre Bastien). En Revue Numismatique. Tomo 11. Páxinas 231-270. (1972). "Trouvaille d'antoniniani à Chilleurs-au-Bois (Loiret)". En Revue Numismatique. Tomo 14. Páxinas 169-183. (1978). "Le trésor de Néry (Oise), monnaies de bronze sous Postume". En Revue Numismatique. Tomo 20. Páxinas 89-107. (1980). "Trésor d'un navire romain trouvé en Méditerranée : nouvelles découvertes". En Revue Numismatique. Tomo 22. Páxinas 75-105. (1985). "Classement et chronologie du monnayage d'or de Carausius". En Revue Numismatique. Tomo 27. Páxinas 107-119. (1988). "L’atelier monétaire de Milan sous Quintille". En Rivista Italiana di Numismatica. Vol. XC. Páxinas 173-191. (1989). "Découverte à Troyes sous Louis XV d'un trésor de monnaies d'or romaines". En Revue Numismatique. Tomo 31. Páxinas 113-137. (1993). "Une émission exceptionnelle en l'honneur de Claude II à Siscia". En Acta Numismàtica, 21-22-23. Páxinas 247-257. (1995). "Médailles de la Compagnie des Indes (Addenda)". En Revue Numismatique. Tomo 150. Páxinas 267-268.
Notas
Véxase tamén
Bibliograía
Nony, D.; Brenot, C.; Loriot. X. (2007). “Hélène Huvelin (1916-2006)”. En Revue Numismatique. Vol. 163. Páxinas 5-7 .
Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática