Thomas Schütte, nado en Oldenburg (Baixa Saxonia) o 16 de novembro de 1954, é un escultor e debuxante alemán. Schütte vive e traballa en Düsseldorf.
Traxectoria Schütte estudou na Academia de Arte de Düsseldorf entre 1973 e 1981, con Fritz Schwegler e Gerhard Richter. O seu traballo destaca pola súa gran versatilidade; tanto nas técnicas como nas formas que emprega, as súas obras desafían facilmente a categorización. Schütte realizou maquetas arquitectónicas, como as Casas de vacacións para terroristas, así como gravados e esculturas de gran tamaño.
A súa participación na Bienal de Venecia de 2005 representou un fito na súa carreira, ao recibir o premio ao mellor artista da exposición. A finais de 2007, a obra Maqueta para un hotel 2007, feita con placas de vidro de cores, foi seleccionada para ser exhibida no cuarto piar de Trafalgar Square.
A súa práctica artística abrangue o traballo manual, o debuxo, a acuarela, o modelado, o traballo con barro e pasta, e a construción con madeira e outros materiais.
Está representado nalgúns dos principais museos de arte do mundo. A súa escultura Pai Estado, en dúas versións, forma parte da colección do Art Institute of Chicago e da Galería Nacional de Berlín. A escultura en bronce Inimigos unidos foi exhibida no Central Park de Nova York entre o 5 de marzo e o 25 de agosto de 2013. Outra escultura en bronce, Grande espírito, atópase na escaleira do Novo Museo de Weimar desde 1998.
Schütte construíu o seu propio salón de esculturas, o Skulpturenhalle Neuss, xunto á antiga base de mísiles de Hombroich, preto de Neuss e nas proximidades da Fundación Langen, inaugurado en abril de 2016. O salón serve para expor as súas propias obras e as doutros artistas, así como para almacenar as súas esculturas. En 2019 Schütte deseñou un pavillón de 15 metros de diámetro para Krefeld, conmemorativo do centenario da Bauhaus.Irene Kastner, Guido Reuter (ed.), Andersmachen. Das Werk von Thomas Schütte, Colónia, Viena, Böhlau, 2024 (Alemán)
Notas
Categoría:Escultores de Alemaña Categoría:Nados en 1954 Categoría:Escultores do século XX Categoría:Escultores do século XXI Categoría:Nados na Baixa Saxonia