miniatura|270x270px|Zona de totalidade e parcialidade. O 29 de marzo de 2006 produciuse unha eclipse solar total. A banda de totalidade empeza no nordeste do Brasil, atravesando despois o océano Atlántico para cruzar África sobre Ghana, Togo, Benín, Nixeria, Níxer, Chad, Libia e Exipto.
Despois pasa polo mar Mediterráneo, e cruza Grecia (pola illa Kastelórizo), Turquía, Xeorxia e o suroeste de Rusia.
Pasa logo polo norte do mar Caspio, Kazakhstán, e remata na fronteira nordeste de Mongolia.
A eclipse en España esquerda|miniatura|200x200px|Foto tomada en Valencia ás 12h 16m 5s hora oficial (10h 16m 5s T.U.) cando se dá nesta cidade a fase máxima, que foi de 0,42. Desde a península ibérica observouse como parcial. Na maioría da Península a eclipse tivo unha magnitude de entre 0,3 e 0,4 acadándose unha magnitude maior a 0,4 en toda a costa mediterránea e as illas Baleares, onde case estivo medio disco solar ocultado.
A menor visibilidade foi en Galicia e a costa oeste cantábrica, onde non chegou á magnitude 0,3, aínda que en toda España a magnitude foi maior de 0,2. As liñas de igual magnitude cruzan a península de SO a NL.
Pódese usar o applet de Java para saber as circunstancias nunha localidade en particular. A sombra da eclipse móvese a 2000 km/h, xusto a velocidade que xira a Lúa arredor da Terra.
Datos horarios FenómenoHora (UTC)CoordenadasInicio da eclipse07:36:50Inicio da eclipse total08:34:20Inicio da eclipse central8:35:25Máximo da eclipse10:11:20Fin da eclipse central11:46:55Fin da eclipse total11:47:55Fin da eclipse12:45:35
Véxase tamén Ligazóns externas
Información sobre a eclipse na web da NASA Información sobre a eclipse desde a web do Planetario de Pamplona, con enlaces ás retransmisións e datos sobre a observación do fenómeno
Categoría:Eclipses solares Categoría:2006