A web escura (dark web en inglés) é o contido da World Wide Web que existe en redes escuras (redes superpostas) que usan Internet, pero requiren software, configuracións ou autorización específicos para acceder. A través da web escura, as redes informáticas privadas poden comunicarse e realizar negocios de forma anónima sen revelar información identificativa, como a localización dun usuario. A web escura forma unha pequena parte da web profunda, a parte da web que non está indexada polos motores de busca, aínda que ás veces o termo web profunda se usa erroneamente para referirse especificamente á web escura.
As redes escuras que constitúen a web escura inclúen redes pequenas de amigo a amigo, así como redes grandes e populares como Tor, Hyphanet, I2P e Riffle operadas por organizacións públicas e particulares. Os usuarios da web escura refírense á web normal como clearnet debido á súa natureza non cifrada. A web escura ou onionland de Tor, usa a técnica de anonimización do tráfico do encamiñamento cebola baixo o sufixo de dominio de nivel superior da rede .onion.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Tor Ligazóns externas
Categoría:World Wide Web Categoría:Terminoloxía de internet