Colossus of Destiny é un álbum en directo dos Melvins, publicado o 16 de abril de 2001 a través do selo Ipecac Recordings. Foi gravado ao vivo o venres 13 de decembro de 1998 no Club Mangler, en Cupertino, California. Trátase de case unha hora de experimentación con sintetizadores e mostras, que remata cunha interpretación da canción "Eye Flys". Informouse de que durante esta actuación había membros do público deitados no chan, tapando os oídos. O álbum estaba pensado inicialmente para ser a terceira parte da triloxía de discos de 1999 da banda (The Maggot, The Bootlicker e The Crybaby), ata que se lles ocorreu a idea de incorporar artistas convidados en The Crybaby.
O nome do álbum está tirado do libro de John Fante The Road to Los Angeles, no que o protagonista, Arturo Bandini, escribe un libro co título Colossus of Destiny.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de The Melvins Categoría:Álbums en directo