Add Violence é o terceiro EP da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, publicado o 19 de xullo de 2017 a través dos selos The Null Corporation e Capitol Records. É o segundo dunha triloxía de lanzamentos, despois do EP Not the Actual Events (2016) e anterior ao noveno álbum de estudio da banda Bad Witch (2018). Foi producido por Trent Reznor e Atticus Ross.
Afastándose da natureza máis agresiva de Not the Actual Events, o EP centrouse máis nas paisaxes sonoras e as texturas xunto cos seus elementos tradicionais, de xeito semellante ao The Fragile (1999), o que deu lugar a composicións máis longas. O lanzamento promoveuse con dous sinxelos: "Less Than" e "This Isn't the Place", xunto cos seus vídeos musicais. Add Violence recibiu unha resposta positiva da crítica e alcanzou o número 17 nas listas dos Estados Unidos.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:EPs de Nine Inch Nails Categoría:EPs musicais de 2017