A pesca de altura é a que se realiza en augas marítimas afastadas da costa. Aínda que o termo adoita facer referencia a un tipo de pesca industrial, tamén se adoita chamar pesca de altura á pesca deportiva a gran distancia da costa de especies como o atún ou o marlín, e á pesca ao brumeo ou ao corricán.
Características miniatura|Barco pesqueiro de altura. Aínda que é posible atopar xa o termo «pesca de altura» en textos de finais do século XIX para referirse á pesca en zona peláxica por oposición á «pesca de baixura» ou en zona demersal, é a principios do século XX cando a distinción adquire sentido pola evolución dos medios técnicos empregados e da estrutura socioeconómica que se ve envolvida na actividade. Así, pódense enumerar como características da pesca de altura:
Características estruturais: Mentres que a pesca de baixura se realiza na zona marítima máis achegada ao litoral, fundamentalmente sobre especies demersais, a pesca de altura realízase en zona peláxica. Entre as especies que obteñen destacan o bacallau, o bocareu e a pescada. Características técnicas: lévana a cabo as frotas máis importantes, que dispoñen de barcos grandes e ben equipados que se atopan en alta mar semanas ou meses. Estes barcos recorren a medios técnicos avanzados, como radares para detectar os cardumes, a dirección e a velocidade á que se desprazan; ou sonares para medir a importancia dos bancos detectados. Os barcos poden ter instalacións frigoríficas para conservar o peixe a bordo en perfectas condicións. Características socioeconómicas: ao contrario do que sucede na pesca de baixura na que os pescadores adoitan ser traballadores autónomos propietarios das embarcacións e artes empregadas, na pesca de altura os pescadores son maioritariamente asalariados dun patrón ou armador, propietario do barco e os aparellos.
Artes Na pesca de altura empréganse diversas artes de pesca, segundo as circunstancias e a especie a capturar:
o palangre, para o bacallau e o atún; a rede de arrastre, ben de fondo, pouco discriminatoria e daniña ou peláxica fundamentalmente para especies en banco, como a sardiña; a rede de deriva, dirixida a especies peláxicas, pero que adoita resultar moi pouco selectiva.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Arrastreiro
Categoría:Artes de pesca