Pikad paberid é un filme estoniano de 2024 escrito, composto, editado e dirixido por Meel Paliale. Neste filme, Mihkel Kuusk interpreta un mozo de 20 anos atrapado na monotonía que coñece a outro rapaz que é todo o contrario a el e que o fará soñar en grande de novo. O resto do elenco está composto por Karl Birnbaum, Maria Helena Seppik e Edgar Vunš.
Foi escollido como candidato de Estonia para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Sebastian, un mozo de 20 anos, traballa infelizmente nunha pequena tenda en Talín. A súa vida cotiá cambia cando coñece a Silo, un hedonista e soñador. Xuntos, soñan con mercar un billete de ida ao Brasil e vivir unha vida plena e libre.
Personaxes
Mihkel Kuusk como Sebastian Karl Birnbaum como Silo Maria Helena Seppik como Nora Edgar Vunš como Mr. Maze Kaur Tõra como Siim Pojeng Urmet Piiling como Reigo Herman Pihlak como Herman Hanna Jaanovits como Vahetusevanem Joonas Lass Rasmus Tikerpe Lotta-Lizbeth Hirv Juhan Soon Ekke Janisk como Zig-Zag Man Elina Soosaar Robin Täpp Oskar Kröönström Astra Irene Susi
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Estonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua estoniana Categoría:Filmes de Estonia Categoría:Filmes rodados en Estonia Categoría:Filmes ambientados en Talín