"Widow Wake My Mind" é unha canción de 2010 da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins. É a segunda canción lanzada do proxecto musical de 34 cancións da banda Teargarden by Kaleidyscope. A canción foi lanzada como un sinxelo promocional en CD para a radio e engadiuse á rotación de varias emisoras importantes. Ademais, a banda interpretou o tema en directo cun coro de Up With People en The Tonight Show with Jay Leno o 20 de abril de 2010 para promover o lanzamento do EP Songs for a Sailor.

Notas

Categoría:Cancións de The Smashing Pumpkins Categoría:Sinxelos de 2010