"Isn't Everyone" é unha canción da banda estadounidense de rock industrial/noise rock Health, coa colaboración do grupo estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails. Lanzada o 6 de maio de 2021, a canción foi o sinxelo principal do álbum de estudio de Health Disco4: Part II (2022). É a primeira vez que Trent Reznor e Atticus Ross aparecen na canción doutro artista baixo o alcume de Nine Inch Nails.
Recepción "Isn't Everyone" recibiu críticas principalmente positivas. Consequence corooouna como a súa "Canción da Semana", eloxiando a canción "axitada e intencionadamente irritante" como "unha volta á forma para os membros de Nine Inch Nails". Spin describiu a canción como "bailable e evocadora a partes iguais, imposible de definir e posapocalíptica", mentres que Loudwire a cualificou como unha "canción escura, melancólica e lixeiramente sinistra, que encapsula esa escuridade lixeiramente inquietante na que ambos os grupos prosperan". Unha crítica de Kerrang! para Disco4: Part II destacou a canción colaborativa como un "grande éxito" cun "pulso escuro e pulido de rock industrial".
Notas
Categoría:Cancións de Nine Inch Nails Categoría:Sinxelos de 2021