Xelmirio foi un cabaleiro galego do século XI, castelán do Castellum Honesti e pai do arcebispo de Santiago de Compostela Diego Xelmírez. Traxectoria Foi feudatario do bispo de Iria Diego Páez quen lle confiou o goberno da principal defensa marítima da súa diocese, o Castellum Honesti. Xelmirio, que aparece referido na Historia Compostelá como "miles ac praepotens" (un soldado poderoso), gobernou tamén no nome do bispo os territorios da Maía, Iria, Postmarcos e o espazo entre os ríos Tambre e Ulla, isto é, todo o territorio no que os bispos de Iria-Compostela exercían o poder político, a Terra de Santiago.
Xelmirio foi o pai de Diego Xelmírez, primeiro arcebispo de Santiago de Compostela, e tivo ademais outros catro herdeiros: Xoán, Munio, Pedro e Gundesindo.
Notas
Categoría:Nobres de Galicia do século XI