Un ordenador central, tamén chamado computador central ou mainframe (en inglés), é un ordenador empregado principalmente por grandes organizacións para aplicacións críticas como o procesamento de datos a granel para tarefas como censos, estatísticas da industria e do consumidor, planificación de recursos empresariais e procesamento de transaccións a grande escala. Un ordenador central é grande, pero non tanto como un supercomputador e ten máis potencia de procesamento que outras clases de computadores, como as minicomputadoras, as estacións de traballo e os ordenadores persoais. A maioría das arquitecturas de sistemas informáticos a grande escala establecéronse na década de 1960, pero seguen evolucionando. Os ordenadores centrais adoitan usarse como servidores.

En inglés, o termo mainframe derivou do grande armario, chamado main frame, que albergaba a unidade central de procesamento e a memoria principal dos primeiros ordenadores. Posteriormente, o termo mainframe utilizouse para distinguir os ordenadores comerciais de gama alta das máquinas menos potentes.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Computación centralizada

Ligazóns externas