As protestas No Kings (en galego: «sen reis») son unha serie de manifestacións en diferentes estados dos Estados Unidos, iniciadas o 14 de xuño de 2025 e convocadas por opositores á segunda administración do presidente Donald Trump. Os manifestantes aluden un certo nivel de autoritarismo por parte do poder executivo estadounidense. Esta convocatoria forma parte dunha serie de protestas contra o presidente estadounidense e a súa segunda xestión.
O 28 de febreiro de 2026 máis de 3.000 manifestacións percorreron as rúas das principais cidades do país para expresar o seu rexeitamento contra o retroceso democrático.
Notas
Categoría:Manifestacións