The Cocoanuts (traducida en Portugal como Os Quatro Cocos, no Brasil como No Hotel da Fuzarca e en castelán como Los cuatro cocos) é unha película estadounidense de comedia musical de 1929 dirixida por Robert Florey e Joseph Santley para Paramount Pictures, con Walter Wanger como produtor non acreditado.

Protagonizada polos irmáns Marx, foi o primeiro filme sonoro en acreditar a máis dun director. O guión é unha adaptación cinematográfica de Morrie Ryskind dun musical de Broadway de George S. Kaufman.

Cinco dos números musicais que aparecen na película foron escritos por Irving Berlin, incluíndo "When My Dreams Come True", interpretada por Oscar Shaw e Mary Eaton.

O filme foi restaurado e remasterizado en 2025.

Elenco

Groucho Marx ... Sr. Hammer, o dono do hotel Harpo Marx .... Harpo Chico Marx .... Chico Zeppo Marx .... Jamison Margaret Dumont ....Señora Potter María Eaton .... Polly Potter Oscar Shaw ....Robert 'Bob' Adams Kay Francis .... Penélope Cyril Ring .... Harvey Yates Basil Ruysdael .... o detective Hennessey

Sinopse O Sr. Hammer é o propietario do hotel Cocoanut, e tenta lucrarse de todas as maneiros co aumento da procura de bens inmóbeis na Florida, ocorrida na década de 1920. O seu empregado é o mozo recepcionista Jamison, que frecuentemente dorme no mostrador. Moitos outros mozos e mozas traballan para el como mensaxeiros, que están descontentos por non recibiren os seus salarios a tempo. Pouco despois, chegan dous hóspedes (Chico e Harpo) cunha maleta baleira que pretenden encher con cousas para roubarlles aos outros hóspedes. A única hóspede que paga, a rica Madame Potter, está preocupada pola relación da súa filla Polly co aspirante a arquitecto Bob Adams, que traballa no hotel até que consiga vender un proxecto de desenvolvemento para Cocoanut. Madame Potter preferiría que a súa filla casase con Harvey Yates, outro hóspede e supostamente dunha influente familia de Boston, pero en realidade un estafador. A cómplice de Yates, Penélope, idea un plan para roubar un valioso colar de diamantes a Madame Potter, coa intención de incriminar a Chico e Harpo. Mentres tanto, Hammer prepara unha poxa de varios lotes de baixo valor e, ao descubrir que Chico non ten diñeiro, solicita a súa axuda para aumentar as ofertas facendo ofertas falsas. O detective Hennessey aparece para investigar os convidados, especialmente a Chico e Harpo. A parte final presenta unha festa de voda, cos irmáns vestidos con traxes típicos españois, con accesorios esaxerados, e unha parodia musical da "canción do toreador" da ópera Carmen.A "Canción do toreador" é o nome popular da aria «Votre toast, je peux vous le rendre» da ópera Carmen, composta por Georges Bizet, cantada polo toureiro Escamillo, cando entra no acto 2 (toréador é un termo francés para «toureiro»). O retrouso, «Toréador, en garde» constitúe a parte central do preludio ao acto I de Carmen. Tamén nesta festa está a famosa broma de Harpo, onde fai caras horribles de desgusto e abandona a mesa dirixíndose cara ao ponche con alcol cada vez que alguén comeza un discurso.

Produción A rodaxe tivo lugar nos estudios Astoria da Paramount, situados en Queens. É a primeira das dúas únicas películas dos irmáns realizadas na cidade de Nova York (a outra foi Animal Crackers de 1930). As películas restantes foron rodadas en Hollywood.

Cancións

"Florida by the Sea" (instrumental cunha breve voz coral durante a apertura) "When My Dreams Come True" (canción temática, interpretada varias veces por Mary Eaton e Oscar Shaw) "The Bell-Hops" (instrumental, número de baile) "Monkey Doodle Doo" (voz de Mary Eaton e número de baile) "Música de ballet" (instrumental, número de baile) "Conto da camisa" (voz de Basil Ruysdael, letra da música de Carmen de Georges Bizet) "Tango Melody" (voz incluída na produción teatral, usada na película só como música de fondo) "Gypsy Love Song" (de Victor Herbert, piano solo de Chico Marx)

Recepción Cando os irmáns Marx viron a montaxe final da película, sentiron medo e intentaron mercar os negativos para impedir a súa estrea. A Paramount negouse e o filme foi un grande éxito recadando 1,8 millóns de dólares, o que a converteu nunha das producións máis exitosas do cine sonoro inicial.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Coco Cinema mudo Cinema musical Cinema sonoro Historia do cinema

Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes dirixidos por Robert Florey