Doris Kareva, nada en Talín o 28 de novembro de 1958, é unha poeta, xornalista, editora, ensaísta e tradutora estoniana. Foi secretaria xeral da Comisión Nacional de Estonia para a UNESCO.

Traxectoria Filla do compositor Hillar Kareva. Estudou inglés e literatura na Universidade de Tartu e comezou a escribir poesía na década de 1960 e publicou os seus primeiros poemas con catorce anos.

Traballou para o semanario cultural Sirp e como editora da revista Looming. Foi durante dezaseis anos secretaria xeral da Comisión Nacional de Estonia para a UNESCO.

Foi mentora de novos poetas e traduciu ao estoniano obras de William Shakespeare, Anna Akhmatova, Emily Dickinson, Joseph Brodsky, Khalil Gibran, Kabir, W. H. Auden e Samuel Beckett, ademais de poesía irlandesa contemporánea.

Como bolseira literaria, Kareva traballou en Suecia, Grecia, Estados Unidos, Flandres, Italia e Irlanda, e presentou as súas obras en moitos países. Parte da súa obra poética foi posta en escena e moitas veces musicada.

Premios Premio Nacional de Cultura 1993 por In place of the world.

Recibiu varios premios estatais, incluídos dous Premios Culturais do Estado de Estonia e a Orde da Estrela Branca de Estonia en 2001.

Nos anos 2016 e 2017 o seu nome estivo entre as candidaturas ao Premio Nobel de Literatura.

Obras A súa poesía foi traducida a case vinte idiomas.

Libros de poesía Päevapildid (1978) Ööpildid (1980) Puuduto (1981) Salateadvus (1983) Vari ja viiv (1986) Armuaeg (1991) Kuuhobune (1992) Maailma asemel (1992) Hingring (1997) Mandragora (2002) Aja kuju (2005) Tähendused (2007) Lõige (2007) Deka (2008) Sa pole üksi (2011) Perekonnaalbum (2015)

Notas

Categoría:Tradutores de Estonia Categoría:Escritores en lingua estoniana Categoría:Nados en Talín Categoría:Nados en 1958 Categoría:Alumnos da Universidade de Tartu Categoría:Poetas de Estonia