Xustás é un lugar da parroquia de Santiago de Xustás, no concello lugués de Cospeito. Segundo o IGE, en 2019 tiña 5 habitantes (3 homes e 2 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 2017, cando tiña 6 habitantes.

Topónimo A orixe do topónimo podería provir do xogo antigo das xustas.

Patrimonio histórico A capela de Xustás, coñecida co nome de Capela de Reximil, data de finais do século XVI e comezos do XVII. É unha capela pequena, na cal hai un escudo moi significativo, un retablo desta época e o cadaleito de cantería dos seus construtores, descendentes da casa dos Andrade, os cales tamén posuían un pazo, tamén no dito pobo, coñecido co nome de Pazo de Reximil.

Lugares e parroquias Lugares de Xustás

Parroquias de Cospeito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cospeito

Categoría:Lugares de Cospeito