"Disillusioned" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo A Perfect Circle. É a segunda canción lanzada do cuarto álbum de estudio da banda, Eat the Elephant. O tema foi publicado en YouTube o 1 de xaneiro de 2018 e logo dixitalizado ao día seguinte. Un vinilo físico de edición limitada apareceu o 9 de marzo de 2018, xunto cun vídeo musical.

Antecedentes O lanzamento da canción foi adiantado por primeira vez polo líder da banda, Maynard James Keenan, o 31 de decembro de 2017. A canción foi lanzada para a súa reprodución en streaming ao día seguinte, o 1 de xaneiro de 2018, e lanzada como descarga dixital o 2 de xaneiro de 2018. A canción é o seu segundo lanzamento do seu cuarto álbum de estudio Eat the Elephant, sendo o primeiro "The Doomed" en outubro de 2017. A canción foi lanzada en vinilo de 10 polgadas o 9 de marzo de 2018, xunto con "The Doomed". Varios medios describírono como o segundo sinxelo do seu cuarto álbum de estudio, mentres que outros simplemente se referíron a ela como unha canción do álbum. Tamén se lanzou un vídeo musical o 9 de marzo que consiste en imaxes de persoas marchando ao unísono, en branco e negro, mentres miran os seus teléfonos móbiles. O vídeo pasa de branco e negro a cor unha vez que a xente deixa de marchar, deixa os teléfonos e comeza a interactuar entre si.

A súa discográfica inicialmente sentiu reticencias ao escoitar que querían publicar un sinxelo de seis minutos de duración, aínda que ao escoitar a canción estivo de acordo coa decisión da banda.

Notas

Categoría:Cancións de A Perfect Circle Categoría:Sinxelos de 2018