"Nobody's Fault but My Own" é unha canción do músico estadounidense Beck. A canción apareceu en 1998 no seu álbum Mutations e foi lanzada como sinxelo só no Xapón o 21 de abril de 1999. O sinxelo en CD viña acompañado dos temas exclusivos "One of These Days" e "Diamond in the Sleaze" como caras B. O libreto inclúe a letra en inglés e xaponés.

Cando lle preguntaron pola historia detrás de "Nobody's Fault but My Own", Beck dixo: "Ben, baixei ao meu soto. Chovía fóra e escribín a historia".

Notas

Categoría:Cancións de Beck Categoría:Sinxelos de 1999