Hildegarda de Bingen, tamén Hildegard von Bingen, nada por volta de 1098 e finada o 17 de setembro de 1179 no mosteiro de Rupertsberg, preto de Bingen, Alemaña, foi unha freira beneditina e abadesa desde 1136. É coñecida como a primeira representante do misticismo alemán da Idade Media. As súas obras abranguen os ámbitos da relixión, a medicina, a música, a ética e a cosmoloxía. Tamén é coñecida como a sibila do Rin ou a profetisa teutónica. O 7 de outubro de 2012 o papa Bieito XVI outorgoulle o título de doutora da Igrexa xunto a san Xoán de Ávila durante a misa de apertura da XIII Asemblea Xeral Ordinaria do sínodo dos bispos.

Considerada polos especialistas actuais como unha das personalidades máis fascinantes e polifacéticas do Occidente europeo, foi definida como unha das mulleres máis influentes da Baixa Idade Media, das figuras máis ilustres do monacato feminino e quizais a que mellor exemplificou o ideal beneditino. Dotada dunha cultura extraordinaria, estivo comprometida na reforma da Igrexa,Chiaia (2006), p. 33 e é considerada unha das escritoras de maior produción do seu tempo. En palabras de Victoria Cirlot:

As súas reliquias consérvanse en Eibingen im Rheingau, no estado de Hessen, Alemaña.

Traxectoria Hildegarda de Bingen naceu en Bermersheim,Os seus biógrafos coetáneos non mencionan nin a data nin o seu lugar de nacemento. Todas as referencias ao lugar do nacemento (como Bermersheim, onde tiña propiedades a súa familia; ou Böckelheim, mencionado polos humanistas) baséanse en suposicións. Dado que seu pai levaba o nome de Hildebert von Bennersheim (=Bermersheim), hai máis probabilidades de que nacese, ou polo menos pasase a súa infancia, nese lugar. no val do Rin (actualmente Renania-Palatinado, Alemaña), durante o verán de 1098, no seo dunha familia nobre alemá. Foi a menor dos dez fillos de Hildebert von Bermersheim, cabaleiro ao servizo de Meginhard, conde de Spanheim, e de Mechtild von Merxheim-Nahet. Por ese motivo foi considerada como o décimo para Deus, entregada como oblata e consagrada dende o seu nacemento á actividade relixiosa, segundo a mentalidade medieval. Deste xeito, foi dedicada polos seus pais á vida relixiosa e entregada para a súa educación á condesa Jutta von Sponheim, filla do conde Estevo II de Spanheim e, polo tanto nobre coma ela, quen a instruíu no rezo do salterio, na lectura da lingua latina —aínda que non lle ensinou a escribilo ou, canto menos, non con pericia—, na lectura da Biblia e no canto gregoriano.

Durante algúns anos mestra e discípula viviron no castelo de Spanheim. Cando Hildegardacumpriu 14 anos, ambas se recluíron no mosteiro de Disibodenberg.Cirlot & Garí (2008), pp. 48 e 49 Este mosteiro era masculino, mais acolleu un pequeno grupo de enclaustradas nunha cela anexa, baixo a dirección de Jutta. A cerimonia de clausura solemne foi celebrada o 1 de novembro de 1112 e nela participaron Hildegard, Jutta, e outra enclaustrada máis, tamén infante. En 1114, a cela transformouse nun pequeno mosteiro, co fin de poder albergar o crecente número de vocacións. Ese mesmo ano, Hildegarda emitiu a profesión relixiosa baixo a regra beneditina, e recibiu o veo de mans do bispo Otón de Bamberg.. Versión electrónica en PDF na páxina web da Biblioteca Estatal de Baviera , publicada o 13 de marzo de 2008. Deste xeito continuou a súa educación monástica rudimentaria dirixida por Jutta.

Jutta morreu en 1136 con sona de santidade, logo de levar unha vida de moita austeridade e ascese, con longos períodos de xaxún e penitencias corporais.Cirlot & Garí (2008), p. 49 Logo da súa morte, Hildegarda foi elixida abadesa (magistra) de xeito unánime pola comunidade de monxas.

Visionaria e escritora Dende nena, Hildegarda tivo unha feble constitución física, padeceu constantes enfermidades e experimentaba visións. Nunha haxiografía posterior, o monxe Teoderico de Echternach consignou o testemuño da propia Hildegard. Aos tres anos tivo a visión de, nas súas palabras, «unha luz tal que a miña alma tremeu».Cirlot (2009), p. 51 Estes feitos continuaron durante os anos que estivo baixo a instrución de Jutta, quen, ao parecer, tivo coñecemento daquelas visións. Viviu estes episodios de xeito consciente, é dicir, sen perder os sentidos nin sufrir éxtase.Dickens (2009), p. 33 Ela describiunos como unha gran luz con imaxes, formas e cores. Ían acompañados dunha voz que lle explicaba o que vía e, nalgúns casos, de música.

En 1141, aos 42 anos, tivo un episodio de visións máis forte, durante o cal recibiu a orde sobrenatural de escribir as visións que tivese diante.Dickens (2009), p. 27 A partir de entón, Hildegarda escribiría as súas experiencias nun primeiro libro, Scivias (Coñece os camiños), que concluíu en 1151. Para tal fin, tomou como secretario e amanuense un dos monxes de Disibodenberg, Volmar, e como colaboradora unha das súas monxas, Ricardis de Stade.

Con todo, seguiu a ter reticencia para facer públicas as súas revelacións e os textos resultantes delas.Cirlot (2009), p. 52 Para disipar as súas dúbidas, recorreu a un dos homes máis prominentes e con maior reputación espiritual do seu tempo, Bernaldo de Claraval. Dirixiulle unha sentida carta en que lle pediu consello sobre a natureza das súas visións e a pertinencia de dalas a coñecer.Hildegarda de Bingen (1998), ed. Baird & Ehrman, p. 27 Naquela misiva, contra o ano 1146, confesáballe ao ilustre monxe cisterciense que o vira nunha visión «como un home que vía directo ao sol audaz e sen medo», e ao mesmo tempo que atribuía a si mesma «debilidade», solicitaba o seu consello:

A resposta de Bernaldo non foi moi extensa nin tan elocuente como a carta de Hildegard,Cirlot & Garí (2008), p. 53 mais nela invitábaa a «recoñecer este don como unha graza e a responder a el ansiosamente con humildade e devoción [...]».Hildegarda de Bingen (1998), ed. Baird & Ehrman, p. 31 Ademais, semella que o abade de Claraval posteriormente interveu perante o papa Uxío III en favor de Hildegard. Tiña trato persoal con el por ser tamén cisterciense e antigo discípulo seu.Harmless (2007), p. 62

O arcebispo Henrique de Maguncia (baixo cuxa xurisdición se atopaba o mosteiro de Disibodenberg), coñecedor das visións e profecías de Hildegard, mandou unha comisión ao papa Uxío para informarse do sucedido e lograr que se declarara sobre a natureza de tales dons.Harmless (2007), p. 63 O papa encontrábase entón en Tréveris para presidir alí o sínodo que se celebrou entre 1147 e 1148.

En 1148, un comité de teólogos, encabezado por Albero de Chiny-Namur, bispo de Verdún, a petición do papa, estudou e aprobou parte do Scivias. O mesmo papa leu en público algúns textos durante o sínodo de Tréveris e declarou que tales visións eran froito da intervención do Espírito Santo. Trala aprobación, enviou unha carta a Hildegarda en que lle pediu que continuase escribindo as súas visións.

Con isto deu comezo non só a actividade literaria aprobada canonicamente, senón tamén a relación epistolar con múltiples persoeiros da época, tanto políticos como eclesiásticos. Entre eles estaban Frederico I Barbarroxa, Henrique II de Inglaterra ou Aliénor de Aquitania, quen pedían os seus consellos e orientacións. Tal foi o seu recoñecemento que chegou a ser coñecida como a Sibila do Rin.

Fundadora miniatura|esquerda|Santa Hildegarda e a súa comunidade de monxas nunha miniatura do século XIII En 1148, sen ter concluída a redacción do Scivias, nunha visión concibiu a idea de marchar de Disibodenberg a un lugar «onde non había auga e onde nada era pracenteiro».Vita II, V. Inspiroulle así a fundación dun mosteiro no outeiro de san Ruperto (Rupertsberg), preto de Bingen, ao oeste do Rin, na desembocadura do Nahe, para trasladar a medrada comunidade e emancipala dos monxes de Disibodenberg.

Con todo, Kuno, daquela abade de Disibodenberg, opúxose á súa marcha, o que contrariou á monxa en gran medida. Mesmo lle ocasionou trastornos físicos, que foron atribuídos a causas divinas:

Ante esta situación interveu a marquesa Richardis von Stade,Cirlot (2009), pp. 54 e 98 nai e secretaria da monxa. Esta logrou convencer a Henrique I, arcebispo de Maguncia, de que dese autorización para a saída das relixiosas e a fundación do novo mosteiro. Contra o ano 1150 trasladouse a Rupertsberg con preto de vinte das súas monxas. Obtivo o permiso do conde Bernaldo de Hildesheim, propietario do terreo, e fundou o mosteiro de Rupertsberg, do cal se converteu en abadesa.

Por esa época, a súa asistente e secretaria Richardis abandonouna para se converter en abadesa do convento de Bassum (Saxonia). Hildegarda reflectiu a súa tristura e oposición en serias cartas de protesta ao arcebispo Hartwig de Bremen, irmán de Richardis, quen influíra para conseguir o cargo abacial. Chegou a apelar mesmo ao papa, sen conseguir que a monxa volvese. Richardis morreu o ano seguinte á separación.

Un ano despois do traslado concluíu o Scivias. Desa mesma época datan os seus dous libros sobre ciencias naturais (Physica) e medicina (Cause et cure). Neles expuxo gran cantidade de coñecementos sobre o funcionamento do corpo humano, de herboloxía e doutros tratamentos médicos baseados nas propiedades de pedras e animais.Newman (1987), p. 29 Así mesmo, comezou unha colección de cantos, Symphonia armonie celestium revelationum, para atender as necesidades litúrxicas da súa comunidade. Segundo algunhas cronoloxías, tamén de 1150 dataría o inicio do Liber vite meritorum.

Cara a 1163, como froito das súas constantes visións, comezou a escribir o Liber divinorum operum, a terceira das súas tres obras máis importantes, que tardaría uns dez anos en rematar. Con todo, a abadesa alternou a vida contemplativa e de escritora coa de prédica e fundación. En 1165 fundou un segundo mosteiro en Eibingen que visitaba regularmente dúas veces por semana.

Predicación e intervención política miniatura|250px|Localización dos lugares de estabelecemento, mosteiros e as catro rutas de predicación de Hildegard. A fama de santa e profetisa que chegou a ter a abadesa foi tal que, en 1150, o propio emperador Frederico I Barbarroxa a invitou a se entrevistar con el no seu palacio en Ingelheim. O aprecio mutuo que xurdiu nesta entrevista manifestouse nas subsecuentes cartas, e chegou a tal punto que, trece anos despois, o soberano outorgou un edicto de protección imperial a perpetuidade ao mosteiro de Rupertsberg.Newman, 1987.

O labor de escritora de Hildegarda viuse interrompido moitas veces polas viaxes de predicación. Se ben a clausura nos seus tempos non era tan ríxida coma o sería a partir de Bonifacio III, non deixou de abraiar e admirar aos seus contemporáneos que unha abadesa abandonase o seu mosteiro para predicar.

O contido da súa predicación xirou en torno á redención, a conversión e a reforma do clero, criticando duramente a corrupción eclesiástica, ademais de opoñerse firmemente aos cátaros, ao condenar as doutrinas destes, propoñendo o combate dos seus erros mediante a predicación e a edificación do clero. Conferencia impartida na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Católica Arxentina.

En total foron catro as viaxes de predicación que fixo: a primeira entre 1158 e 1159, na que viaxou a Maguncia e a Wurzburgo. En 1160 realizou a segunda a Tréveris e a Metz. Na súa terceira predicación, entre 1161 e 1163, viaxou polo Rin ata Colonia. Na última das súas viaxes, comprendida entre 1170 e 1171, predicou na rexión de Suabia.Harmless (2007), p. 64

Ademais destas viaxes de predicación, Hildegarda empregou as cartas para facer sentir a súa opinión ante personaxes sobranceiros. Con motivo do cisma provocado pola elección do antipapa Vítor IV co apoio do emperador Barbarroxa, fronte ao papa romano Alexandre III, prolongado á morte de Vítor IV coa elección dos tamén antipapas Pascual III e Calixto III, Hildegarda fixo graves amoestacións proféticas ao primeiro destes, así como ao emperador mesmo.Cirlot & Garí (2008), p. 61