O castro de Bardaos e un poboado castrexo situado no concello de Tordoia nun pequeno outeiro a 350 metros de altitude, a súa planta é lixeiramente elíptica e conta cun antecastro. Como material asociado ao castro atopáronse trinta machados de talón de dous aneis datados de finais da Idade de Bronce e tamén apareceron torques, algún de ouro. Non se realizou ningún estudo nin escavación no castro.
Véxase tamén
Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros de Galicia
Bardaos