Jacobo María de Parga y Puga, nado na Chan (Vilacova, Abegondo) o 17 de maio de 1774 e finado en Madrid o 17 de abril de 1850, foi un científico, xurista e político galego, senador e ministro de España, e membro fundador da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais."Jacobo María de Parga y Puga (1774-1850). El pionero de la ciencia y el conocimiento en la España del siglo XIX ". Mcnbiografias.com
Traxectoria
Primeiros anos e formación
esquerda|miniatura|Pazo de Vilacova, lugar de nacemento de Jacobo María de Parga. Jacobo María de Parga naceu o 17 de maio de 1774 no pazo de Vilacova,Díaz-Fierros Viqueira, F. "Jacobo María de Parga". Álbum de Galicia. Consello da Cultura Galega (consellodacultura.gal). sito na parroquia de Vilacova, concello de Abegondo, fillo de Josefa Vicenta Francisca de Puga y Flores Cancio, natural de Vilanova de Lourezá, e de Antonio María de Parga y Pérez de Pazos, de Vilacova,"D.Jacobo María de Parga y Puga". Geneanet.org ambos de familia fidalga e con patrimonio considerable.Valle de Juan, M. A. "Jacobo María Parga y Puga". Historia Hispánica. Real Academia de la Historia (historia-hispaniva.rah.es). Un dos seus irmáns, Antonio María de Parga (1780-1825), foi un destacado militar e deputado nas Cortes de Cádiz, en representación de Santiago de Compostela.Meijide Pardo (1994). "Brigantinos ilustres: Antonio Mª de Parga y Puga (1780-1825)". En Anuario Brigantibo. Nº 17. Páxinas 149-158.
Ingresou na Universidade de Santiago de Compostela en 1790, e alí graduouse como bacharel en Leis en 1793 e en ambos os Dereitos (utrumque ius) en 1796. Logo ampliou a súa formación cos estudos de Cánons, co que acadou a licenciatura en Dereito Canónico en 1798, e posteriormente o doutoramento.
Traxectoria profesional e como erudito En 1796 foi nomeado secretario de cámara do bispo de Mondoñedo, cargo que desenvolveu durante un curto período. En 1804 iniciou a súa carreira na Administración en Madrid, traballando na Secretaría de Estado e do Despacho Universal de Facenda. Logo de figurar en 1809, durante a Guerra de Independencia, como administrativo da Xunta Gobernativa do Reino, en 1812 adxudicóuselle o posto de oficial maior na Secretaría de Gobernación do Reino.
En 1814, o rei Fernando VII nomeouno Cabaleiro da Orde de Carlos III e ministro de Capa e Espada, adscrito ao Supremo Consello de Facenda, onde ficou ata 1834. Un ano despois foi nomeado vogal da Xunta de Protección do Museo de Ciencias Naturais, que se crera pouco tempo antes, e en 1816 foi designado membro da Xunta de Crédito Público.
Entre 1816 e 1817 estivo destinado a París, para exercer como comisario rexio na Comisión de Reclamacións contra Francia, que se creara ese mesmo ano para asegurar o cumprimento dos acordos asinados con ese país á fin da guerra.
Logo do restablecemento do réxime liberal en 1820, Fernando VII nomeouno de xeito interino ministro de Gobernación da Península no goberno de Evaristo Pérez de Castro Colomera, aínda que a impugnación deste nomeamento por parte da Xunta Provisional Gobernativa, que dubidaba do seu verdadeiro liberalismo, obrigou o rei a cesalo no cargo aos 12 días, tras o cal o nomeou Conselleiro de Estado. En 1822 foi tamén presidente da Xunta de Crédito Público e director da Xunta de Sorteos das Reais Lotarías.
Tras a volta do absolutismo en 1823 promoveu o restablecemento da Xunta de Protección do Real Museo de Ciencias Naturais, da que fora vogal ata a súa disolución en 1821 polo Goberno liberal. Neste novo período foi nomeado entón como presidente da Xunta, e a partir de 1826 pasou a dirixir o propio museo.
Por proposta de Luís López Ballesteros, daquela Ministro de Facenda, en 1828 foi designado conselleiro honorífico de Estado. En 1834, ao seu constituír o Consello Real de España e Indias, foi designado ministro para a Sección de Facenda, onde ficou ata a súa xubilación o ano seguinte.Tamén en 1834, logo de se aprobar o Estatuto Real, recibiu o nomeamento como Prócer do Reino, a cuxa Comisión de Facenda se adscribiu.
No ámbito da política, Jacobo María de Parga participou como candidato ao Senado nas primeiras eleccións democráticas de 1837, aínda que non resultou elixido. No entanto, o 28 de agosto de 1845 foi nomeado senador vitalicio por designador real, adscrito á Comisión de Establecemento de Bancos de Circulación."Parga y Puga, Jacobo María". Senado de España (Senado.es).
De Parga foi tamén un destacado coleccionista de moedas e, sinaladamente, de minerais, algo frecuente noutras personalidades formadas en ambientes ilustrados. A súa colección de minerais era no seu tempo unha das principais de España. Este interese seu pola mineraloxía viuse tamén reflectido na destacada presenza destas pezas no Real Museo de Ciencias Naturais durante a súa dirección, unha colección que resultou saqueada durante a invasión Napoleónica e que foi parcialmente reposta por el mesmo cun depósito de máis de 5.000 exemplares da súa colección persoal.
Entre outras academias e sociedades eruditas, en 1802 foi elixido membro correspondente da Real Academia da Historia. En 1816 foi nomeado académico da Academia de Ciencias de Baviera e da Academia de Medicina de Madrid, e en 1817 membro da Sociedade Imperial Mineralóxica de San Petersburgo. Tamén pertenceu á Sociedade Xeolóxica de Francia. En 1833 foi nomeado socio de hora da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela. Tamén foi membro numerario e fundador da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, na que tomou posesión o 3 de abril de 1847 e a quen lle correspondeu a Medalla número 30."Excelentísimo Señor Don Jacobo María de Parga y Puga". Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España (RAC.es)
O perfil de como tecnócrata foi obxecto de controversia, por mor do seu servizo durante períodos marcados por ideoloxías moi enfronradas na España do século XIX, e mesmo chegou a ser cualificado como "servil".Le Brun, C. (1826).
Morte e legado Solteiro e sen descendencia, Jacobo María de Parga finou en Madrid o 17 de abril de 1850, aos 75 anos, por causa dunha pneumonía, e foi soterrado no antigo Cemiterio Sacramental de San Xenxo e San Luís.
Á súa morte, a súa importantísima biblioteca foi dividida en partes. Polo seu expreso desexo, os libros de contido literario foron doados á Universidade de Santiago de Compostela,Neira de Mosquera, A. (1941). "Donativo del Excmo. Sr. Parga y Puga a la Biblioteca de la Universidad de Santiago". En Revista Bibliográfica Nacional. II. Páxinas 343-362. e os de contido científico dispersáronse, aínda que varios deles, mesmo con notas manuscritas, acabaron na Biblioteca do Ministerio de Fomento. Pola súa banda, a súa colección mineralóxica foille legada ao Museo de Ciencias Naturais, e unha parte da súa colección numismática pasou aos fondos da Real Academia da Historia, logo de ser analizada e taxada por Basilio Sebastián Castellanos de Losada.Papí Rodes, C. "Basilio Sebastián Castellanos de Losada Serrano y Castro". Museo Arqueolóxico Nacional (MAN.es). O resto dos seus bens foron legados aos seus sobriños.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Le Brun, C. (1826). "Parga, Jacobo María de". En Retratos políticos de la Revolución de España. Filadelfia. Páxinas 121-122. Meijide Pardo, A. (1992). El Ilustrado, político y economista gallego Jacobo María de Parga y Puga (1774-1850). Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, A Coruña. ISBN 978-8460437734
Categoría:Nados en Abegondo Categoría:Nados en 1774 Categoría:Finados en 1850 Categoría:Finados por pneumonía Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Xuristas de Galicia Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Senadores de España Categoría:Senadores de Galicia por designación real Categoría:Ministros do Interior de España Categoría:Directores de museos Categoría:Académicos da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais Categoría:Numismáticos de Galicia