Francisco Pérez Bayer, nado en Valencia o 11 de novembro de 1711 e finado na mesma cidade o 27 de xaneiro de 1794, foi un relixioso, filólogo orientalista, numismático e catedrático universitario español."Francesc Vicent Pérez i Baier". Enciclopedia.cat

Traxectoria

Primeiros anos e formación Francisco Pérez Bayer naceu en Valencia o 11 de novembro de 1711 nunha familia de artesáns, fillo de Josefa María Bayer Nos, natural de Castelló de la Plana, e de Pedro Pérez,"Francisco Pérez Bayer". Geneanet.org membro do gremio de tecedores, aínda que ficou orfo de pai desde os primeiros anos.Mestre Sanchís, A. (2018). "Francisco Pérez Bayer". Historia Hispánica. Real Academia de la Historia (RAH.es).

Logo de estudar Gramática en Castelló de la Plana co doutor en Dereito Felipe Catalá, en 1725 ingresou na Universidade de Valencia para cursar estudos de Filosofía, que concluíu en 1727. Logo estudou Teoloxía e ordenouse sacerdote, e marchou a Salamanca para estudar Xurisprudencia na Universidade de Salamanca, onde se graduou como bacharel."Pérez Bayer, Francisco, 1711-1794". Biblioteca Virtual de Polígrafos (Larramendi.es). Nesta cidade coñeceu o tamén valenciano Gregorio Mayans, que espertou en Pérez Bayer o interese polo Humanismo.García, L. J. (1918). Pérez Bayer y Salamanca: datos para la bio-bibliografía del hebraísta valenciano. Salamanca.

Carreira profesional e como erudito A través de Mayans coñeceu o arcebispo de Valencia, quen o nomeou o seu secretario en 1738, e con el completou a súa formación humanística e en linguas clásicas, sinaladamente o grego. Neste período amosou un crecente interese pola numismática.

Logo dunha estadía en Aviñón na que aprendeu hebreo clásico da man dun rabino, gañou a cátedra desta lingua na Universidade de Valencia, en 1745, e na de Salamanca, en 1746.

En 1749, o primeiro Goberno de Fernando VI creou a Comisión de Arquivos, para a procura de documentos que sustentasen as pretensións da Coroa ante a Santa Sede. Para a dirección desta entidade nomeouse o xesuíta Andrés Marcos Burriel, quen escolleu a Pérez Bayer como colaborador na procura de documentos no arquivo da Catedral de Toledo. Neste período no que tivo ocasión de estudar as inscricións hebreas dos templos xudeus da cidade, o que foi obxecto de varias obras que ficaron inéditas.

Concluído este labor, foi nomeado cóengo na Catedral de Barcelona, onde en 1753 publicou a súa primeira obra, e o ano seguinte o Goberno enviouno a Italia para continuar a súa formación en linguas orientais e para recoller moedas destinadas aos gabinetes reais.

As visitas a museos e coleccións, e os contactos con intelectuais que mantivo en Italia aumentaron o seu interese pola numismática e pola epigrafía. En Roma publicou algúns traballos e alí mantivo amizade con Manuel de Roda, daquela embaixador de España ante a Santa Sede, co que acadou manter a protección do Goberno durante esta etapa italiana. Xa que logo, en 1757 encomendóuselle unha visita ao Real Colexio de España en Boloña e en 1758 outra a Nápoles, onde daquela reinaba o futuro rei de España Carlos III, de quen gañou tamén o seu favor.

miniatura|esquerda|Andrés Marcos Burriel e Francisco Pérez Bayer, por J. Serra.Del Castillo, R. (1878). Historia de España ilustrada, desde su fundación hasta nuestros días. Tomo V. Heredero de Pablo Riera, Barcelona.|292x292px

En 1759 regresou a España e foi nomeado cóengo tesoureiro da Catedral de Toledo, en cuxo cabido se converteu nunha destacada figura intelectual, e alí encargouse de recibir a visita de Carlos III, xa como rei de España, quen lle encargou a redacción do catálogo da biblioteca do Mosteiro do Escorial, que se conserva manuscrito en varios volumes.Barberá Matías, B. (2016). “El catálogo de manuscritos latinos, castellanos, griegos y hebreos de la biblioteca de El Escorial elaborado por Francisco Pérez Bayer”. En Saitabi, 66. Páxinas 89-99.

Ao ser nomeado Manuel de Roda como secretario de Estado de Graza e Xustiza en 1765, Pérez Bayer gañou a posibilidade de influír decisivamente na política cultural española. Así, a raíz da expulsión dos xesuítas, en 1767 foi nomeado preceptor dos infantes reais, entre os que o Infante don Gabriel se converteu no seu discípulo máis sobranceiro.Serra Pons, I. (1984). “Pérez Bayer educador de príncipes y reformador de Colegios Mayores”. En VV. AA., Educación e Ilustración en España. III Coloquio de Historia de la Educación. Páxinas 186-191. O monarca concedeulle daquela a Gran Cruz de Carlos III.

Uns anos despois esbozou os decretos para unha reforma do sistema universitario, dado que ao seu xuízo os colexios maiores exercían un monopolio das cátedras degradaban o ensino.Serra Pons, I. (1984). Op. cit. Igualmente, foi quen de impor o seu criterio nos plans de estudo da Universidade de Valencia e logrou que o seu amigo Vicente Blasco fose nomeado reitor vitalicio desa universidade. Pérez Bayer aumentou a súa relevancia na Universidade de Valencia coa doazón a esta entidade en 1785 da súa riquísima biblioteca, composta por unha multitude de manuscritos, incunables, biblias políglotas, memorias de reais academias estranxeiras, obras de autores antigos e modernos, españois e estranxeiros, ortodoxos ou mesmo prohibidos pola Inquisición.Barberá Matías, B. (2016-b-). “La ‘biblioteca ideal’ de Francisco Pérez Bayer”. En Boletín ANABAD, 66. Páxinas 25-66. Esta doazón foi a orixe da biblioteca universitaria, aínda que unha boa parte dos seus fondos se perderon en 1812 durante a invasión napoleónica. En recoñecemento da doazón, de máis de 20.000 exemplares, 200 deles incunables, a Biblioteca Histórica da Universidade de Valencia deulle o seu nome a unha das súas salas.Mestre Sanchís, A. "Pèrez Bayer". Biblioteca Histórica. Universitat de València (UV.es).miniatura|340x340px|Retrato de Francisco Pérez Bayer, por Joaquín Inza (1781).En 1783, Carlos III nomeou a Pérez Bayer como novo bibliotecario maior da Real Biblioteca, logo do falecemento do anterior responsable. Mantivo esta posto ata o seu falecemento en 1794.

Nos derradeiros anos da súa vida fíxose máis patente o seu interese pola filoloxía oriental. En 1772 Pérez Bayer publicou unha disertación persoal acerca do alfabeto e a lingua dos fenicios e das súas colonias, cuxos argumentos foron rexeitados polo numismático orientalista alemán Oluf Gerhard Tychsen. Pérez Bayer respondeulle en 1781 coa publicación de De Nummis hebraeo-samaritanis, e en 1793 cun novo traballo sobre a autenticidade destas moedas."Pérez Bayer, Francisco, 1711-1794". Biblioteca Virtual de Polígrafos (Larramendi.es). O ano seguinte emprendeu unha longa viaxe por Valencia, Murcia,Mas Galvan, C.; Abascal, J. M. (1998). “El viaje literario de Francisco Pérez Bayer por Valencia y Murcia (1782)”. En Saitabi 48. Páxinas 79-111. AndalucíaSalas Álvarez, J. (2007). "El viaje arqueológico a Andalucía y Portugal de Francisco Pérez Bayer". En Spal, 16. Páxinas 9-24. e Portugal,Vasconcelos, J. L. (1920). “Viagem de Pérez Bayer em Portugal en 1782”. En O Archologo Português, XXIV. Páxinas 108-176. na procura de moedas que puidesen confirmar as súas teses. Nesta viaxe describiu ademais polo miúdo diversas inscricións, estatuas, templos antigos e restos arqueolóxicos.

En recoñecemento á súa traxectoria académica, Pérez Bayer foi honrado co seu nomeamento como membro de diversas academias e sociedades eruditas, como a Real Academia de Boas Letras de Barcelona, e foi académico de honra da Real Academia de San Carlos de Valencia e da Real Sociedade Económica do País de Valencia. Entre as entidades estranxeiras cómpre salientar a Real Academia de San Petersburgo e a Academia de Gotinga, en Alemaña.

De volta á súa cidade natal, Francisco Pérez Bayer faleceu alí o 27 de xaneiro de 1794, e foi soterrado na capela de San Tome de Villanueva, da Catedral de Valencia.

Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables publicados por Francisco Pérez Bayer ao longo da súa traxectoria:Roth, N. (2023). Páxina 359.

(1753). Reges Tharsis et insulae. Pro explanatione Davidici psalmi: Deus iudicium tuum Regi da etc. P. Nadal, Barcelona. (1756). Damasus et Laurentius Hispanis asserti et vindicati. Dissertatio Historica. De Rubeis, Roma. (1772). "De alfabeto y lengua de los fenices y de sus colonias". En Salustio, C. La Conjuración de Catilina y la Guerra de Iugurta. Joaquín Ibarra, Madrid. Páxinas 337-378. (1775). Vulgati interpretis fides super Iacobi de Iuda vaticinio a Rabbinorum calumniis liberatur, quaedam istorum refutantur commentaria; et universae prophetiae nostra ad litteram interpretatur subiungitur [...]. De Lasanta, Salamanca. (1781). De Numis hebraeo-samaritanis. B. Monfort, Valencia. (1786). Carta latina del Sr. D. Olao Gerhard Tychsen al Ilmo. Sr. D. Francisco Pérez Bayer, con su traducción castellana. Se añade la refutación de los argumentos de dicho señor Bayer en favor de las monedas samaritanas. Viuda de Ibarra, Madrid. (1788). Bibliotheca Hispana Vetus, sive hispani scriptores qui ab Octaviani Augusti aevo ad annum Christi MD floruerunt. Auctore Nicolao Antonio. Curante Francisco Perezio Bayerio [...] qui et prologum et auctoris Vitae epitomem et notulas adiecit. Tomo I / Tomo II. Viuda de Ibarra, Madrid (2 vols.) (1789). De confictis Granatensibus monumentis anno MDXXV, ac deinceps detectis atque in lucem prolatis sinopsis historica. Viuda de Ibarra, Madrid. (1790). Numorum hebraeo-samaritanorum vindiciae. B. Monfort, Valencia. (1793). Legitimidad de las monedas hebreo-samaritanas. Confutación de la diatriba de D. Olao Gerardo Tychsen [...]. B. Monfort, Valencia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Juliá Martínez, E. (1950). Algunas notas sobre D. Francisco Pérez Bayer. Castelló de la Plana. Mateu y Llopis, F. (1953). En torno a Pérez Bayer, numismata y bibliotecario. Valencia. Perarnau I Espelt, J. (1992). “Antigüedades de Barcelona recogidas por el Dr. Bayer de Francesc Pérez Bayer”. En Arxiu de textos catalans antics, 11. Páxinas 396-432. Roth, N. (2023). "Some Pioneers of Jewish Studies in Spain: Francisco Pérez Bayer". En Iberia Judaica. Vol. 15. Páxinas 356-360. Segarra Doménech, J. (2011). Francisco Pérez Bayer. 1711-1794. Ajuntament de Benicàssim, Benicàssim. Vidal, J. (2013). "Francisco Pérez Bayer y los estudios de epigrafía fenicia". En Aula Orientalis. 31/2. Páxinas 323-332.

Categoría:Nados en 1711 Categoría:Nados en Valencia Categoría:Finados en 1794 Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia Categoría:Profesores da Universidade de Valencia Categoría:Profesores da Universidade de Salamanca Categoría:Numismáticos de España Categoría:Filólogos de España Categoría:Xuristas de España Categoría:Historiadores de España Categoría:Relixiosos católicos de España Categoría:Biblioteca Nacional de España Categoría:Bibliotecarios Categoría:Hebraístas Categoría:Arabistas Categoría:Latinistas Categoría:Coleccionistas Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Escritores en lingua castelá