O Pitsiturnaus é un torneo de hóckey sobre xeo que se celebra en Rauma (Finlandia) tradicionalmente durante a "Pitsiviikko" (en galego "Semana do Encaixe"). O torneo celébrase dende 1993, polo que en 2023 celebrou o seu 30º aniversario. O torneo celébrase no Äijänsuon jäähalli.

Tradicionalmente participaron no torneo canto menos o Lukko de Rauma, os Ässät de Pori e o TPS de Turku. O Lukko é o equipo que máis veces gañou o torneo con 11 vitorias. O primeiro equipo estranxeiro que participo no torneo foi o VVS Samara en 1999, mentres que o único gañador estranxeiro foi o CSKA Moscova no ano 2002. O equipo de Moscova tamén participou en 2003, cando o Lukko se impuxo na final. Nas dúas ocasións que o CSKA participou contaba con Vasili Tihonov como adestrador asistente, que é coñecido no hóckey finlandés por ter sido adestrador dos Ässät e do Lukko.

Unha particularidade do Pitsiturnaus é que o Lukko e o Ässät sempre están no mesmo grupo no sorteo. Nos partidos do torneo ás veces se teñen probado propostas de cambios para a Liiga, como porterías máis grandes. En 2006 o torneo non se celebrou a causa das obras no pavillón, pero ese ano disputouse o torneo inaugural do Äijänsuo, no que o HC Pardubice checo venceu na final os Ässät por 7-3, e Lukko finalizou na terceira posición logo de derrotar os Blues de Espoo na final dde consolación (5-4).

Dende o ano 2010 o torneo organízase despois da Pitsiviikko, xa que unha nova norma da Liiga prohibe os partidos amigables durante o me de xullo, mes no cal se celebra a Pitsiviikko. Na actualidade o Pitsiturnaus celébrase no primeiro venres de agosto.

En 2026 incluiuse por primeira vez a categoría feminina, que se disputará o xoves 6 de agosto. Nesta primeira edición participarán o Lukko como organizador, así como o HPK, o HIFK, o K-Espoo, o Ilves e o TPS, todos eles da Auroraliiga. O torneo feminino comezará co partido entre os dous equipos da área da capital (HIFK e K-Espoo), ao que seguirá o debut do equipo local (Lukko)) fronte o TPS. Ademais poderá verse o desquite entre os dous finalistas da liga (K-Espoo e HPK).

Formato No torneo participan seis equipos que se organizan en dous grupos de tres equipos cada un, xogando unha vez contra cada opoñente. Os dous primeiros clasificados de cada grupo clasifícale para a semifinais, cuxos gañadores disputan a final. Os partidos dos grupos e semifinais dispútanse en formato de dúas partes de 15 minutoss cada unha, e a final en dúas metades de 20 minutos cada unha. No torneo non se disputa partido polo bronce.

Finais Finais masculinas miniatura|250px|Xogadores dos Kärpät celebran un gol no Pitsiturnaus masculino de 2009. Data Campión Finalista Resultado23 de xullo de 1993TPSTuTo7–429 de xullo de 1994ÄssätLukko3–2 rl.28 de xullo de 1995ÄssätTPS1–026 de xullo de 1996IlvesHPK4–125 de xullo de 1997LukkoÄssät2–131 de xullo de 1998LukkoKalPa2–1 rl.30 de xullo de 1999ÄssätLukko4–128 de xullo de 2000KärpätPelicans2–027 de xullo de 2001TPSLukko0–0 rl. 4–126 de xullo de 2002CSKA MoscovaLukko2–025 de xullo de 2003LukkoCSKA Moscova3–230 de xullo de 2004ÄssätLukko2–129 de xullo de 2005TPSKalPa3–22006Non se xogou polas reformas no pavillón27 de xullo de 2007TapparaLukko3–225 de xullo de 2008LukkoBarys Astana6–231 de xullo de 2009TPSÄssät3–2 vm.6 de agosto de 2010LukkoIlves4–25 de agosto de 2011PelicansÄssät2–13 de agosto de 2012LukkoVaasan Sport1–02 de agosto de 2013LukkoÄssät2–18 de agosto de 2014LukkoVaasan Sport2–07 de agosto de 2015LukkoVaasan Sport1–05 de agosto de 2016TPSLukko4–24 de agosto de 2017TPSVaasan Sport6–33 de agosto de 2018PelicansTPS2–02 de agosto de 2019PelicansÄssät4–17 de agosto de 2020LukkoVaasan Sport2–1 vl.6 de agosto de 2021SaiPa Lukko4–25 de agosto de 2022ÄssätTPS1–04 de agosto de 2023LukkoÄssät2–1 2 de agosto de 2024SaiPaTPS4-21 de agosto de 2025SaiPaLukko2-1 vl.

Finais femininas miniatura|250x|Semifinal do Pitsiturnaus feminino de 2026 entre o Ilves e o HIFK. Data Campión Finalista Resultado Ref.6 de agosto de 2026K-EspooHIFK2-1 vl.

Notas

Categoría:Hóckey sobre xeo en Finlandia