Germán Choque Condori, coñecido como Germán Choquehuanca, Inca Waskar Choquehuanca ou Inka Waskar Chukiwanka Kunturkanki, nado en Antacollo, Huarina, A Paz o 11 de outubro de 1955, e finado na Paz o 10 de febreiro de 2021, foi un líder indíxena aimará que traballou como historiador e docente universitario, e entre as súas achegas esta o redeseño e estandarización do actual deseño da wiphala.

Traxectoria Naceu o 11 de outubro de 1955, en Antacollo, Provincia de Omasuyos, Departamento da Paz, Bolivia, fillo de Eusebio Chuquihuanca Choque e Guadalupe Condori Cauna.

Estudo no Colexio Nacional Simón Bolívar, posteriormente estudou Historia na Universidade Maior de Santo André. Foi docente universitario, deputado nacional, e entre as súas achegas está a restauración da wiphala e do Aninovo Aimará.

Fundador da primeira universidade indíxena Tawantinsuyu (UTA). Foi ademais militante do Movemento Universitario Juan Apaza (MUJA), o Movemento Indio Túpac Katari (Mitka), e outros como o Partido Indio (PI).

Foi deputado nacional polo Movemento Indíxena Pachakuti (MIP) dende 2002 até 2005. Nesa ocasión cuestionou a lexitimidade da Constitución boliviana daquela vixente, sinalando que “aos aimarás non nos preguntaron se queremos ser bolivianos”, un antecedente no proceso que abriu as portas á realización da Asemblea Constituínte que derivou na nova Constitución Política do Estado Plurinacional de Bolivia.

Proclamación como Inca do Collasuyo miniatura|Wiphala, bandeira representativa do Collasuyo e emblema dos indianistas restauracionistas do Tahuantinsuyo. O 12 de outubro de 1992 foron proclamados na Praza Maior de San Francisco da Paz, Germán Choquehuanca e Jaime Apaza, como “Incas do Collasuyo”, logo de ser electos pola folla de coca mediante unha cerimonia levada a cabo en Laycacota. Germán foi rebautizado como Inca HuáscarTúpac Amaru II declarouse Inca-Rei do Reino do Perú. e Jaime como Inca Atahualpa.https://books.openedition.org/pur/137724 Ambos os personaxes que eran representantes do indianismo, reafirmaron a súa loita no eido académico para conseguir a restauración do Estado Real do Collasuyo (que abranguería territorios do Perú, Bolivia e Chile moderno) e Tahuantinsuyo (que tamén abranguería territorios de Ecuador, a Arxentina e Colombia), así como a erradicación da República de Bolivia, ao cal consideraban como “Estado usurpador e continuador do colonialismo”. Germán era o autor dos libros Origen y Constitución de la Wiphala e Bolívar enemigo del indio (2002), ademais de ser quen rescatou de maneira pública o uso da Wiphala como bandeira dos pobos do Collasuyo en 1979, bandeira inspirada na usada por Túpac Katari no século XVIII.https://jabenito.blogspot.com/2011/06/quadro-de-historia-natural-civil-y.html A súa proposta evidencia algunhas tendencias neopaganistas andinas e un potencial anticatolicismo.

Publicacións Ao longo da súa vida publicou as seguintes obras:

1992, Calendario Histórico de la Resistencia Indio. Inédito. 1992, Origen de la Wiphala. Publicado, presentación o 30 de marzo de 1994. 1993, Suyu, inédito. 1994. Juntando Piedras, publicado. Segunda edición publicado 2005. 1995, MUJA inédito. 1995. Himno Nacional Colonialista. Segunda edición Publicado en 2005. Terceira edición 1996, publicado en 2006. 1997, Escritura Quipu, inédito. 1998, Yuri Qalla publicado. 1999, AWIYALA, publicado. 2000, Guerra en el Tawantinsuyu, inédito. 2001, Loqa. Metro Inka, inédito. 2002, Bolívar Enemigo de los indios, inédito. 2002, Origen y Constitución de la Wiphala. Segunda Edición publicado. 2003, La Escritura Tawa. Inédito. 2004, Wiphalas Guerreras, publicado. 2005, Enemigos de la Wiphalas, inédito. 2005, Historia y antropología del Qollasuyu, publicado. 2006, Química aymara, inédito. 2007, Significado de los nombres y apellidos, inédito. 2008, Sartir Willka, desde abajo vuelve el temblor, inédito. 2009, Paqajaq llama llama, publicado en aimará. 2010, Llamallama atawallpjama, publicado. 2011, Kumturkanki Sien Cóndor. 2011, Insurrección de Indios y toma de Oruro, 10 de Febrero 1781, publicado. 2012, lIamallama y los patriotas post invasores, publicado. 2013, Calendarios del Tawantinsuyo. Inédito. 2014, Rumi Maqui en su centenario. Inédito.

Notas

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Bolivia Categoría:Finados en 2021 Categoría:Pobo aimará Categoría:Historiadores de Bolivia Categoría:Indixenistas de América Categoría:Políticos do Movemento Indíxena Pachakuti