O Corpus Hipocrático (en latín: corpus hippocraticum ) é unha colección dunhas setenta obras sobre medicina da antiga Grecia, escritos en grego xónico. Non se sabe con certeza se o autor do corpus foi o propio Hipócrates de Cos , pero é probábel que os volumes fosen creados polos seus estudantes e discípulos . Debido á variedade de temas, estilos de escritura e data aparente de creación, os estudosos cren que o Corpus hipocrático non puido ser escrito por unha soa persoa (Ermerins sinala dezanove autores diferentes) . Na antigüidade, o Corpus atribuíase a Hipócrates, e as súas ensinanzas xeralmente seguían os principios do médico grego, polo que o Corpus pasou a levar o seu nome. En realidade, poden ser os restos dunha biblioteca de Cos ou unha colección compilada no século -III en Alexandría .

O Corpus hipocrático contén libros de texto, conferencias, investigacións, notas e ensaios filosóficos sobre diversos temas médicos, sen ningunha orde en particular . Estas obras foron escritas para diferentes públicos, tanto especialistas como non especialistas, e ás veces foron escritas desde puntos de vista opostos; pódense observar contradicións significativas entre as diferentes obras do Corpus . Entre os tratados do Corpus destacan: O xuramento hipocrático, O libro do prognóstico, Sobre a dieta en enfermidades agudas, Aforismos, Sobre aires, augas e lugares, Instrumentos de redución, Sobre a enfermidade sagrada, etc . Contidos Este é un listado das obras incluídas no Corpus. Adoitan ser citadas en latín:

Notas

Véxase tamén Bibliografía Britannica Concise Encyclopedia. «Soranus of Ephesus», 2006. [Consulta: 17 decembro 2006]. Hanson, Ann Ellis. «Hippocrates: The "Greek Miracle" in Medicine», 2006. [Consulta: 17 decembro 2006]. Martí-Ibáñez, Félix. A Prelude to Medical History. MD Publications, Inc., 1961. Rutkow, Ira M. Surgery: An Illustrated History. Elsevier Science Health Science div, 1993. ISBN 0-801-6-6078-5. Singer, Charles; Underwood, E. Ashworth. A Short History of Medicine. Oxford University Press, 1962.  Ligazóns externas Obras do Corpus hipocrático traducidas ao inglés por Francis Adams. Collection Medic@, Edición de Littré (texto grego e tradución francesa), páxinas escaneadas (vol. 1, vol. 2, vol. 3, vol. 4, vol. 5, vol. 6, vol. 7, vol. 8, vol. 9, vol. 10) Corpus Hippocratum na páxina remacle.org Obras do Corpus hipocrático, edición do Corpus Medicorum Graecorum, Leipzig e Berlín, 1927-2014.

Categoría:Literatura da Grecia antiga Categoría:Obras de medicina