Rallus madagascariensis é unha especie de zurrasca endémica de Madagascar da familia Rallidae.

Descrición É unha zurrasca de medio tamaño que mide uns 25 cm. A súa plumaxe é principalmente toda marrón con só algunhas manchas na parte dorsal e parte superior do peito. A súa face e gorxa son cincentas e ten cola branca. O bico e vermello e as patas escuras.

Os seus hábitats naturais son os bosques húmidos de zonas baixas tropicais ou subtropicais, os bosques de montaña subtropicais ou tropicais e as marismas de auga doce. A especie está ameazada pola perda de hábitat.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Rálidos Categoría:Animais descritos en 1833