A Liga do Sur é unha agrupación neoconfederada e sudista aparecida en 1994, de carácter nacionalista e secesionista dos EUA para constituír no sur dos Estados Unidos un estado rexido polas ensinanzas da Biblia. Son cristiáns tradicionalistas, reclaman os vellos símbolos (bandeira, himno) e a defensa dos dereitos dos estados, o autogoberno e os dereitos individuais da segunda emenda. A súa base é Tuscaloosa (Alabama). En 2005 tiña uns 10.000 membros e o seu xefe era Michael Hill. Acusado de grupo racista, está considerada unha das principais organizacións de odio dos Estados Unidos

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Artigo do SPL Center

Categoría:Organizacións políticas dos Estados Unidos de América