Marju Lauristin, nada en Talín o 7 de abril de 1940, é unha política estoniana e antiga membro do Parlamento Europeo e Ministra de Asuntos Sociais. É membro do Partido Socialdemócrata, que forma parte do Partido dos Socialistas Europeos. Actualmente, Lauristin é concelleira do concello de Tartu.

Traxectoria

Primeiros anos Lauristin é filla dos políticos comunistas Johannes Lauristin e Olga Lauristin (de solteira Künnapuu), dous políticos destacados do Partido Comunista de Estonia. O seu padrasto foi o político Hendrik Allik e o seu medio irmán materno é o director de teatro e político Jaak Allik. Creceu e asistiu á escola primaria e secundaria principalmente en Talín, onde foi compañeira de clase da actriz Ines Aru. Graduouse na Universidade Estatal de Tartu (agora Universidade de Tartu) en 1966 cunha licenciatura en Xornalismo e Socioloxía da Comunicación de Masas. En 1976, Lauristin completou os seus estudos de doutoramento en xornalismo na Universidade de Moscova. A súa tese centrouse na análise de contido de textos xornalísticos. Desde 2003, Lauristin é profesora de comunicación social na Universidade de Tartu.

Carreira profesional Toda a súa carreira profesiona discorreu na universidade de Tartu onde exerceu en diferentes momentos. De 1976 a 1990, foi profesora asistente de xornalismo; de 1995 a 1999, foi profesora de política social e, en dous períodos, de 1999 a 2014 e de 2018 a 2021, foi profesora de comunicación social. Dende 2021, foi profesora emérita da universidade.

Carreira política De 1968 até 1990, foi membro do Partido Comunista da Unión Soviética. En outubro de 1980, Lauristin foi unha das asinantes da Carta dos 40 intelectuais, unha carta pública na que corenta destacados intelectuais estonianos defenderon a lingua estoniana e protestaron contra as políticas de rusificación do Kremlin en Estonia. Os asinantes tamén expresaron o seu malestar co goberno a nivel republicano por xestionar con dureza as protestas xuvenís en Talín que se produciran unha semana antes debido á prohibición dunha actuación pública da banda de punk rock Propeller. esquerda|miniatura|Toompea (15 de setembro de 1990). Consello Supremo da RSS de Estonia. Están presentes Andrus Ristkok, Rein Veidemann, Ülle Aaskivi, Andres Tarand, Peet Kask e Marju Lauristin (á dereita da foto). Xunto con Edgar Savisaar, en 1988, Lauristin creou a Fronte Popular de Estonia (en estoniano, Rahvarinne) o primeiro movemento independentista a grande escala en Estonia desde a incorporación do país á URSS. De 1989 a 1991, Lauristin foi deputada do Congreso dos Deputados do Pobo da Unión Soviética polo distrito electoral territorial de Tartu nº 750 da RSS de Estonia.

De 1990 a 1992, foi membro do Consello Supremo da República de Estonia, e ese mesmo ano, 1990, foi elixida vicepresidenta do parlamento estoniano. Cando se creou o Partido Socialdemócrata Estoniano en 1990, Lauristin, foi a súa primeira presidenta até 1995.Oskolkov (2020), p. 6

En 1991, participou e apoiou a votación para a restauración da independencia estoniana.

Membro do Parlamento estoniano, 1992–2014 Despois das eleccións de 1992, Lauristin serviu como membro do Riigikogu, elixido como membro dos Moderados do Partido Popular (en estoniano: Rahvaerakond Mõõdukad). De 1992 a 1994 foi ministra de Asuntos Sociais de Estonia (Partido Socialdemócrata Estoniano/"Moderados"). Foi deputada de novo, nos períodos 1994-1995 e en 1999–2003.

Membro do Parlamento Europeo, 2014–2017 esquerda|miniatura|Intervención no Parlamento Europeo, en 2017, presentando o programa da Presidencia estoniana. Lauristin converteuse en membro do Parlamento Europeo nas eleccións europeas de 2014. Desde entón, formou parte da Comisión de Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior. Posteriormente, uniuse ás comisións especiais do Parlamento creadas para investigar o escándalo LuxLeaks en 2015 e o escándalo dos Papeis de Panamá en 2016, respectivamente.

Dentro do seu grupo parlamentario, Lauristin exerceu como vicepresidenta baixo a dirección de Gianni Pittella de 2014 a 2016.

Na Comisión de Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior, Lauristin exerceu como relatora do Parlamento sobre o Regulamento da privacidade electrónica. Ademais das súas funcións na comisión, foi membro da delegación do Parlamento na Comisión de Asociación Parlamentaria UE-Ucraína.

En 2017, Lauristin presentouse a un escano no Concello da cidade de Tartu, comprometéndose a dimitir do Parlamento Europeo se era elixida. Lauristin foi finalmente elixida co segundo maior número de votos no distrito electoral. O 27 de outubro de 2017, Lauristin abandonou o Parlamento Europeo tras a aprobación na comisión LIBE do seu informe sobre o Regulamento da privacidade electrónica.

Recoñecementos En 2006, foi nomeada doutora honoris causa pola universidade de Helsinqui.

En 2021, foi admitida como membro ordinario na Academia de Europa.

En 2022, Marju Lauristin e os seus colegas recibiron o Premio Nacional de Ciencias de Estonia pola súa extensa investigación sobre as transformacións estonianas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha no Parlamento europeo

Categoría:Nados en 1940 Categoría:Alumnos da Universidade de Tartu Categoría:Nados en Talín Categoría:Profesores da Universidade de Tartu Categoría:Políticos do Partido Comunista da Unión Soviética Categoría:Ministros de Estonia