A inmigración xaponesa en España fai referencia, en gran parte, aos empresarios expatriados das corporacións xaponesas, así como tamén aos estudantes internacionais. Hai, tamén, xente con ascendencia xaponesa en España, mesmo descendentes de inmigrantes do século XVII que chegaron a España, ademais de integrantes da poboación «Nikkei» (persoas de ascendencia xaponesa de varios países de Latinoamérica). De acordo co Instituto Nacional de Estatística, 4.898 cidadáns xaponeses residen no país; o Ministerio de Relacións Exteriores de Xapón deu unha cifra un pouco máis elevada de 6.717.

Historia miniatura|Embaixada do Xapón en España. Os primeiros xaponeses en asentarse en España foron os membros dunha embaixada dirixida por Hasekura Tsunenaga. No canto de regresar ao Xapón en 1617, seis samurais permaneceron en Coria del Río, preto de Sevilla. O apelido «Japón» consérvase entre os aproximadamente 700 habitantes de Coria del Río, identificándoos como descendentes dos membros da delegación de Hasekura Tsunenaga.

Os contactos entre España e o Xapón non se retomarían até 1854 cando chegou a Filipinas a Expedición Ansei, promovida polo daimyō de Fukuoka Kuroda Nagahiro, á que o goberno do arquipélago respondeu cunha delegación o ano seguinte. Tratouse dun tímido intento por parte da administración española de Filipinas para asinar un acordo comercial co Xapón. Porén, esta idea foi abandonada pouco despois.

Aínda así e como xa pasara anteriormente coa embaixada de Hasekura, o legado diso foi a chegada á provincia de Xaén, en 1872, de José Luis Ceacero Inguanzo e a súa esposa Miyoko, filla do daimyō de Fukuoka, quen se converteu na primeira muller xaponesa en visitar España. Froito deste matrimonio naceron tres fillos, quen xeraron descendencia da cal a día de hoxe existen algúns descendentes.

O primeiro negocio xaponés que se creou en España foi SANYO España.S.A. en 1969. Dende entón, Cataluña converteuse no lugar primario de operacións de negocios xaponeses en España.Fukuda, Makiko. "El Col·legi Japonès de Barcelona: un estudi pilot sobre les ideologies lingüístiques d'una comunitat expatriada a Catalunya" (Archive). Treballs de sociolingüística catalana > 2005: 18 (2004). Véase el perfil en Revistes Catalanes amb Accés Obert (RACO). p. 213. "En el casd'Espanya, des que va ser instal·lada al Principat la primera empresa japonesa, SANYO España.S.A., l'any 1969, la inversió estrangera directa de les empreses japoneses s'ha concentrat a Catalunya."

Entre 1970 e 1980, os «Nikkeis» estabelecéronse en España, fuxindo das crises financeiras e/ou a opresión política nos seus países de orixe. Dende a década de 1970, moitos xaponeses tamén chegaron a España como empresarios e estudantes. En 1966, só había arredor de 280 cidadáns xaponeses en España, pero este número aumentou a 2.824 en 1993.

Lingua Os «Nikkeis» en España principalmente falan castelán e só un número reducido pode falar xaponés. En contraste, os expatriados xaponeses e os seus fillos falan xaponés como lingua materna.

Estatísticas A partir de 2001 5.167 cidadáns xaponeses residían en España, con 1.189 deles en Barcelona e 87 noutras localidades de Cataluña. A maioría dos xaponeses en Cataluña son empregados de empresas xaponesas.Fukuda, Makiko. "El Col·legi Japonès de Barcelona: un estudi pilot sobre les ideologies lingüístiques d'una comunitat expatriada a Catalunya" (Archivo). Treballs de sociolingüística catalana > 2005: 18 (2004). Ver el perfil en Revistes Catalanes amb Accés Obert (RACO). p. 214. "Segons el Ministeri d'Afers Exteriors del Japó (2001)4, els japonesos residents a l'estranger[...]A tot el territori d'Espanya, resideixen 5.167 japonesos. 1.276 d'ells estan instal·lats a Catalunya, bona part dels quals esta concentrat a Barcelona (1.189)5. La majoria són els directius de les empreses japoneses instal·lades a Catalunya."

Institucións A Barcelona Suiyokai é unha asociación de empresas xaponesas en Barcelona.Fukuda, "Supervivència de la colònia japonesa a Catalunya: l’organització interna i la seva implicació en l’ecosistema lingüístic català." "Els treballadors destinats a Catalunya solen pertànyer a la Barcelona Suiyokai, que és l’associació d’empresaris japonesos a Catalunya. L’any 2004 en formaven part cinquanta-set empreses." y "Un altre punt de trobada de la colònia japonesa a Catalunya és una biblioteca que es troba en un pis de l’Eixample. Va ser creada l’any 1992 per uns voluntaris japonesos que vivien a Barcelona, amb la finalitat de fomentar l’intercanvi cultural entre Espanya i el Japó. La biblioteca està oberta també a la població local, però la majoria dels usuaris són japonesos, sobretot els estudiants, les famílies dels treballadors i els jubilats, tant de les zones pròximes a Barcelona com de la ciutat." y "També cal esmentar l’Associació de Professors de Llengua Japonesa de Barcelona." y "A més de les associacions esmentades, també hi ha l’Associació de Famílies Hispano-Japoneses, l’Associació d’Estudi de Gaudí, el Club d’Haiku, el Club de Golf, la Societat d’Antics Alumnes de l’Escola Complementària, etc." Xestiona un festival do aninovo xaponés."Japón celebra el fin de año en Barcelona" (). La Vanguardia. 8 de xaneiro de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2015. En 2004, 57 empresas eran partes da asociación.

Barcelona tamén ten un club de go, un club de haiku, un club de golf, unha asociación de profesores de xaponés, unha asociación de exalumnos da escola complementaria xaponesa, e unha asociación hispana-xaponesa.

Ensino miniatura|Colexio xaponés de Madrid España conta con dúas escolas internacionais xaponesas: o Colexio Xaponés de Barcelona e o Colexio Xaponés de Madrid (EN). As dúas cidades tamén teñen programas de educación de fin de semana xaponeses."欧州の補習授業校一覧(平成25年4月15日現在)" (). Ministerio de Educación, Cultura, Deportes, Ciencia e Tecnoloxía do Xapón. (en xaponés)

España tiña o Colexio Xaponés das Palmas (ラス・パルマス日本人学校)."過去に指定・認定していた在外教育施設" (). Ministerio de Educación, Cultura, Deportes, Ciencia e Tecnoloxía do Xapón. Consultado o 15 de xaneiro de 2015. Localizada en Tafira Baja, abriu en outubro de 1973; era o colexio xaponés máis antigo de España e o terceiro máis antigo de Europa.Ávila Tàpies e Josefina Domínguez Mujica, p. 528 (PDF 4/38). "El colegio japonés «rasuparumasu nihonjin gakko-» en Tafira Baja, abierto en el año 1973 (octubre) como el tercer colegio japonés más antiguo de Europa y el primero de España, se cerró definitivamente en el 2000 (marzo)." Pechou permanentemente en marzo de 2001."関係機関へのリンク " (). The Japan School of Doha. Consultado o 31 de marzo de 2015. "ラス・パルマス日本人学校(2001年3月閉校)"

O Distrito do Eixample de Barcelona ten unha biblioteca para xaponeses que abriu en 1992. A maioría dos clientes son xaponeses, pero a xente local está autorizada a utilizar a biblioteca. Un edificio de apartamentos ten a biblioteca.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ávila Tàpies, Rosalía (Universidade de Kyoto) e Josefina Domínguez Mujica (Universidade das Palmas de Gran Canaria). "Canarias en el imaginario japonés: el análisis de tres narrativas contemporáneas" (, Arquivo PDF). Anuario de Estudios Atlánticos ISSN 0570-4065, As Palmas de Gran Canaria (2011), número. 57, pp. 525-56. Recibido o 26 de maio de 2010. Aceptado o 30 de xuño de 2010. ()

(Arquivo)

Outros artigos Relacións España-Xapón

Categoría:Inmigración en España Categoría:Diáspora xaponesa Categoría:Historia do Xapón