Os hipobóscidos (Hippoboscidae) son unha familia de moscas parasitas obrigadas de mamíferos e aves. Nesta familia as especies con ás poden voar como mínimo razoablemente ben, se ben outras con ás vestixiais ou sen ás non son voadoras e son moi apomórficas. Como é normal na superfamilia Hippoboscoidea, a maioría do desenvolvemento larval ten lugar dentro do corpo da nai e a pupación ocorre case inmediatamente.
miniatura|esquerda|O hipobóscido alado Pseudolynchia canariensis Melophagus ovinus é unha mosca hipobóscida sen ás de cor marrón avermellado que parasita as ovellas. Lipoptena mazamae é unha especie ectoparasita común do cervo Odocoileus virginianus no sueste dos Estados Unidos. Existen tanto formas con ás coma sen ás. Unha especie alada común é Hippobosca equina, que parasita cabalos e outros grandes mamíferos. Especies doutros xéneros poden atoparse en aves; por exemplo, Ornithomya bequaerti foi recollida de aves en Alasca. Dúas especies de Hippoboscidae –Ornithoica (Ornithoica) podargi e Ornithomya fuscipennis– son tamén parasitos comúns da ave australiana Podargus strigoides.
Pseudolynchia canariensis atópase xeralmente en pombas, e pode servir como vector da chamada "malaria dos piollos" producida polo protozoo Haemoproteus columbae. Estas moscas poden transmir ás aves outros parasitos como os do xénero Plasmodium ou outros Haemoproteus. Algunhas probas indican que outros Hippoboscidae poden servir como vectores de axentes de doenzas en mamíferos. Por exemplo, nos hipobóscidos da especie Icosta americana encontrouse o virus do Nilo Occidental e atopouse no falcón Falco sparverius.
Sistemática Nalgunhas taxonomías obsoletas o nome Hippoboscidae aplícase ao grupo propiamente chamado Pupipara, é dicir, a actual familia máis as moscas dos morcegos (Nycteribiidae e "Streblidae"). Chámanse pupíparos porque as femias dan a luz fillos vivos (non poñen ovos), un á vez, que son depositados no último estadio larval chamado prepupario, pupan inmediatamente despois.ZADBI: Zurqui All-Diptera Biodiversity Inventory: How to Identify Flies – Cyclorrhapha, on: phorid.net, 2013. See: Hippoboscidae (louse flies), Natural HistoryJoel Kits: Species Pseudolynchia canariensis - Pigeon Fly: Life Cycle, en BugGuide, 21 de marzo de 2005; citado por: Pigeon Louse Fly, we believe, om: What's That Bug Para a especie Pseudolynchia canariensis, e outras especies, a reprodución é custosa enerxeticamente. As larvas aliméntanse das glándulas de "leite" que hai no interior da femia antes de seren depositadas. Un individuo fillo (pupa) pode pesar máis que unha mosca adulta que aínda non se alimentou, xa que a cuberta pupal tamén está incluída no peso e as moscas tenras a miúdo gañan masa despois das súas primeiras alimentacións con sangue. Dúas das tres subfamilias tradicionais (Hippoboscinae e Lipopteninae) son grupos claramente monofiléticos considerados en conxunto. De acordo coas análises cladísticas de varias secuencias de ADN, para facer as Ornithomyinae monofiléticas, a súa tribo Olfersini tamén tería que ser recoñecida como familia de pleno dereito.
Subfamilia Ornithomyinae Bigot, 1853 Xénero Allobosca Speiser, 1899 (1 especie) Xénero Austrolfersia Bequaert, 1953 (1 especie) Xénero Crataerina von Olfers, 1816 (8 especies) Xénero Icosta Speiser, 1905 (52 especies) Xénero Microlynchia Lutz, 1915 (4 especies) Xénero Myophthiria Rondani, 1875 (13 especies) Xénero Olfersia Leach, 1817 (7 especies) Xénero Ornithoctona Speiser, 1902 (12 especies) Xénero Ornithoica Rondani, 1878 (24 especies) Xénero Ornithomya Latreille, 1802 (29 especies) Xénero Ornithophila Rondani, 1879 (2 especies) Xénero Ortholfersia Speiser, 1902 (4 especies) Xénero Phthona Maa, 1969 (3 especies) Xénero Proparabosca Theodor & Oldroyd 1965 (1 especie) Xénero Pseudolynchia Bequaert, 1926 (5 especies) Xénero Stilbometopa Coquillett, 1899 (5 especies) Subfamilia Hippoboscinae Xénero Hippobosca Linnaeus, 1758 (7 especies) Xénero Struthiobosca Maa, 1963 (1 especie) Subfamilia Lipopteninae Xénero Lipoptena Nitzsch, 1818 (30 especies) Xénero Melophagus Latreille, 1802 (3 especies) Xénero Neolipoptena Bequaert, 1942 (1 especie)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
[ Sheep Ked Pigeon Louse Fly Pseudolychia canariensis as Vector of Pigeon Malaria
Photograph of A Louse Fly Images from Diptera.info. Images from BugGuide Pseudolychia canariensis, pigeon louse fly on the UF / IFAS Featured Creatures Web site Lipoptena mazamae, Neotropical deer ked on the UF / IFAS Featured Creatures Web site
Categoría:Hipobóscidos Categoría:Parasitos de aves