miniatura|Imaxe de satélite de Palestina e Aqaba en 2003. A expresión entidade sionista é un neoloxismo político e unha expresión pexorativaJeane Kirkpatrick (1988). Legitimacy and Force: Natural and International Dimensions, Transaction Publishers, p. 6. .

"In this Arab world where faith and politics are linked, traditionalists and radicals, Saudis and Libyans, can unite in hostility against the state of Israel – whose right to exist they deny, whose very existence they refuse to acknowledge, whose name they refuse to utter, calling Israel instead 'the Zionist entity' or 'the deformed Zionist entity' empregada para referirse ao Estado de Israel por algúns dos seus opoñentes que rexeitan a súa lexitimidade.

Presentación Os opositores a Israel empregan a expresión pexorativa "entidade sionista" para impugnar o seu dereito a existir e velo só como un logro temporal do movemento sionista que comezou no século XIX. En consecuencia, néganlle o dereito a formar parte da familia de Nacións .Sank, Diane & Caplan, David I., To Be a Victim: Encounters with Crime and Injustice, Plenum Press, 1991, p.289. Algúns Estados (como Alxeria ou Tunisia) impoñen o uso desta expresión e penalizan o uso do termo "Estado de Israel".

A expresión era de uso común nas emisións oficiais exipcias, sirias e xordanas dende as décadas de 1960 e 1970. Dende entón, foi empregada habitualmente polos estados árabes, políticos e intelectuais deses países,Humphreys, R. Stephen (2005). Between Memory and Desire: The Middle East in a Troubled Age. University of California Press. p. 51. . así como por Irán, os movementos Hezbollah e Hamás e moitas outras organizacións. Tamén é empregada con frecuencia por activistas e sitios web propalestinos e antisionistas.

En 2020 o primeiro ministro marroquí Saad Dine El Otmani tamén empregou esta expresión e declarou «Rexeitamos calquera normalización coa entidade sionista porque a animaría a violar aínda máis os dereitos do pobo palestino».

Algúns sionistas perciben o uso destes termos como unha expresión de antisemitismo. O pensador palestino Edward Said escribe que unha das diferenzas entre os cidadáns árabes de Israel e outros palestinos é que os primeiros consideran Israel como un país real, no canto dunha "entidade sionista".Said, Edward; Mohr, Jean (1986) (this edition 1999). After the Last Sky: Palestinian Lives. Columbia University Press. p. 51. Tamén cre que o uso desta expresión polos árabes é "unha política estúpida e sen sentido».Said, Edward, "Barenboim and the Wagner Taboo", in Barenboim, Daniel; Said, Edward; Gizelimian, Ara. Parallels and Paradoxes: Explorations in Music and Society". Random House.

Notas

Categoría:Conflito árabe-israelí Categoría:Antisemitismo