O Club Atlético Huracán de Zamáns é un club de fútbol de Vigo, fundado en 2024. Xoga os seus partidos como local no Campo de San Cosme, na parroquia de Zamáns, cunha capacidade de 200 espectadores.

Recibe o seu nome do antigo e desaparecido club vigués Huracán de Zamáns, que fundaran emigrantes retornados da Arxentina. Á súa vez, este recibiu a denominación do club do barrio bonaerense de Parque Patricios, o Club Atlético Huracán.

Historia O Club Atlético Huracán de Zamáns foi fundado en 2024 por Héctor Prado, un médico vigués fillo e neto dos directivos do anterior club desaparecido.

O Atlético Huracán de Zamáns, fundado en 1967, foi o precursor do actual club. Fundado por galegos retornados da emigración desde a Arxentina, nomearon o club na honra do histórico club arxentino, como tributo ao lugar que os acolleu. Ditos emigrantes retornados viviran na Arxentina no barrio de Parque Patricios, lugar onde se atopaba o estadio do Club Atlético Huracán. Finalmente, o antigo club foi disolto en 1989, e non sería até máis de 30 anos despois cando este foi refundado.

Escudo e cores As cores do club, como testemuñan o escudo e o equipamento, son fundamentalmente o branco e o verde.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Deporte en Vigo Ligazóns externas O emotivo rexurdir do Huracán Zamáns Reportaxe na prensa.

Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte en Vigo