miniatura|240px|Un pavón mostrando a súa cola longa e coloreada, un exemplo de característica sexual secundaria. miniatura|A noz de Adán dun home adulto é unha característica sexual secundaria visible común nos machos.
Unha característica sexual secundaria é unha característica física dun organismo que está relacionada ou deriva do seu sexo, pero que non forma directamente parte do seu aparato reprodutor. Nos humanos estas características normalmente empezan a aparecer durante a puberdade, e comprenden o agrandamento dos peitos e o alargamento das cadeiras nas mulleres, e o pelo facial (barba) e a noz de Adán nos homes, e o pelo pubiano en ambos. En animais non humanos estas características poden empezar na madureza sexual, e inclúen, por exemplo, a melena do león macho, a rechamante coloración facial e dos machos de mandril ou os cornos en moitas cabras e antílopes.
As características sexuais secundarias son especialmente evidentes nas características fenotípicas sexualmente dimórficas que distinguen os sexos dunha especie. En evolución, as características sexuais secundarias son o produto da selección sexual de trazos que mostran unha maior aptitude ou fitness, ao daren ao organismo algunhas vantaxes sobre os seus rivais no cortexo e nas interaccións agresivas.
Pénsase que moitas características se estableceron por un bucle de retroalimentación positiva coñecido como desbocamento de Fischer (Fischerian runaway) producido polas características secundarias nun sexo e o desexo desas características no outro sexo. As aves e peixes macho de moitas especies teñen coloracións máis vistosas ou outros ornamentos externos. As diferenzas en tamaño entre os sexos tamén se consideran características sexuais secundarias.
Os caracteres sexuais secundarios fronte aos primarios Os órganos reprodutores de machos ou femias de mamíferos que se adoitan identificar no nacemento descríbense como características sexuais primarias ou órganos sexuais. Nos machos estes son o pene, os testículos, o escroto e glándulas asociadas. Nas femias estes son os ovarios, trompas de falopio, útero, vaxina e vulva. Os órganos sexuais primarios son diferentes dos secundarios porque na madureza están directamente relacionadas coa produción de gametos, que son células xerminais haploides masculinas ou femininas, e a súa fusión durante a reprodución sexual forman o cigoto que dará lugar a un novo ser.
As características sexuais secundarias diferéncianse das anteriores en que non son identificables ao nacer e desenvólvense a medida que o suxeito se aproxima á madureza sexual. En mamíferos, estas características poden incluír un incremento do tecido mamario en femias e unha maior masa muscular en machos. As características sexuais secundarias teñen un propósito evolutivo: incrementan a probabilidade de reproducirse.
Raíces evolutivas
miniatura|A cornamenta dun macho de cervo (Cervus elaphus) é unha característica sexual secundaria.
No libro The Descent of Man, and Selection in Relation to Sex, Charles Darwin presentou a hipótese de que a selección sexual, ou a competición dentro dunha especie por conseguir parella, pode explicar as diferenzas observadas entre os sexos de moitas especies."Sexual selection" . Darwin Correspondence Project. University of Cambridge. Consultado o 1 de setembro de 2022.
O biólogo inglés Ronald Fisher desenvolveu varias ideas sobre as características sexuais secundarias no seu libro de 1930 The Genetical Theory of Natural Selection, incluíndo o concepto de desbocamento de Fisher (Fisherian runaway) que postula que o desexo dunha característica apetecida polas femias combinado con esa característica en machos pode crear un bucle de retroalimentación positivo ou desbocamento, no cal a característica será moi amplificada. O principio do hándicap de 1975 amplía esta idea, afirmando, por exemplo, que a cola dun pavón exhibe a boa aptitude ou fitness que ten o animal ao ser un impedimento inútil e costoso para o portador que é moi difícil que as femias o consideren simplemente un engano (que, nese caso, non mostraría unha verdadeira aptitude psr a supervivencia). Outra das ideas de Fisher é a hipótese do fillo sexy, na cal a femias desexarán ter fillos que posúan as características que encontran sexualmente atractivas para maximizaren o número de netos que producirán. Unha hipótese alternativa é que algúns dos xenes que posibilitan que os machos desenvolvan ornamentos impresionantes ou capacidades de loita poden estar relacionados con marcadores de aptitude como a resistencia a doenzas ou un metabolismo máis eficiente. Esta idea coñécese como a hipótese dos xenes bos.
En animais non humanos
Exemplos de características sexuais secundarias en animais non humanos son as melenas dos leóns machos, as longas plumas dos pavóns machos, os cairos dos machos de narval, as probóscides alongadas dos machos de elefante mariños ou dos monos narigudo Nasalis larvatus, as marcas coloreadas faciais e no cu dos machos de mandril, os cornos de moitas cabras e antílopes, e o labio superior inchado durante a época reprodutora os dentres maxilares e os premaxilares alongados do macho das ras Plectrohyla. Algúns peixes macho desenvolven "tubérculos nupciais", principalmente nos fociños na estación reprodutora. Eses son sinais honestos (non pretenden enganar) de saúde, e poden axudar a que as femias fagan a súa selección sexual en especies que usan o apareameno en leks, como Rutilus rutilus.
Os bióogos hoxe distinguen entre "combate macho con macho" e "elección de parella", usualmente a elección da femia de parella machos. As características sexuais debidas ao combate son cousas como cornamentas, cornos e o maior tamaño. As características debidas á elección de parella, a miúdo denominados ornamentos, incluíndo a plumaxe vistosa, a coloración e outras características que non teñen un propósito inmediato relacionado coa supervivencia ou combate.Ronald Fisher nunha carta a Charles Galton Darwin do 22 de novembro de 1932, citada en Fisher, R. A., Bennett, J. H. 1999. The genetical theory of natural selection: A complete variorum edition, Oxford University Press, Oxford, p. 308
Os machos de arañas saltadoras teñen manchas visuais que reflicten a luz UV, que son ornamentacións usadas para atraer as femias.Lim, Matthew L. M., and Daiqin Li. "Courtship and Male-Male Agonistic Behaviour of Comsophasis Umbratica Simon, an Ornate Jumping Spider (Araneae: Salticidae)." The Raffles Bulletin of Zoology (2004): 52(2): 435-448. National University of Singapore. 20 de setembro de 2015
En humanos
miniatura|Características anatómicas de mulleres e homes. A diferenciación sexual empeza durante a xestación, cando se forman as gónadas. A estrutura e forma do corpo e face, así como os niveis de hormonas sexuais, son similares en rapaces e rapazas preadolescentes. Cando comeza a puberdade e aumenta o nivel de hormonas sexuais, aparecen as diferenzas, aínda que algúns cambios son similares en homes e mulleres. Os niveis masculinos de testosterona inducen directamente o crecemento dos xenitais e indirectamente (por medio da dihidrotestosterona (DHT)) a próstata. O estradiol e outras hormonas causan o desenvolvemento dos peitos nas mulleres. Porén, os andróxenos fetais e neonatais poden modular o desenvolvemento posterior dos peitos ao reduciren a capacidade do tecido mamario de responder ao estróxeno que se segrega despois.
O pelo axilar e o pubiano son xeralmente consideradas caracerísticas sexuais secundarias, pero poden tamén ser consideradas características sexuais non secundarias porque son características de ambos os sexos despois da puberdade.
Mulleres
En mulleres os seos son unha manifestción de altos niveis de estróxenos; os estróxenos tamén alargan a pelve e aumentan a cantidade de graxa corporal nas cadeiras, coxas, nádegas e peitos. Os estróxenos tamén inducen o crecemento do útero, a proliferación do endometrio e a menstruación. Os caracteres sexuais secundarios femininos son: Agrandamento dos peitos e erección das mamilas. Crecemento do pelo corporal, moi especialmente na axila e no pube. Ensanchamento das cadeiras; a razón cintura-cadeira é menor que en homes adultos.
Homes O aumento da secreción de testosterona nos testículos durante a puberdade causa que se manifesten as características sexuais masculinas. A testosterona incrementa directamente o tamaño e masa dos músculos, cordas vocais e ósos, facendo máis grave a voz e cambiando a forma da face e do esqueleto. É convertida en DHT na pel, acelera o crecemento de pelo corporal corporal e facial que responde aos andróxenos, pero pode facer que o crecemento dos cabelos na cabeza se faga máis lento ou se deteña (alopecia androxénica). A maior estatura masculina é en gran parte o resultado da puberdade avanzada e a fusión máis lenta das epífises dos ósos. En conxunto, as características sexuais secundarias masculinas son: Crecemento do pelo corporal, incluíndo a axila, abdome, peito e pelo pubiano; o pelo corporal é mais prominente en homes que en mulleres, como media. Crecemento de pelo facial. Agrandamento da larinxe (noz de Adán) e a voz faise máis grave.Sexual reproduction Aumento da estatura; os homes adultos son máis altos que as mulleres, como media. Faise máis pesado o cranio e a estrutura ósea. Incremento da masa e forza muscular. Ensanchamento dos ombreiros e peito; os ombreiros son mais anchos que as cadeiras. Aumento de secrecións de aceite e das glándulas sudoríparas. Aumento do olor corporal, que xoga un importante papel na atracción sexual humana, que indica heterocigose do MHC/HLA.
Notas
Categoría:Características sexuais secundarias Categoría:Selección sexual