O Decreto de Unificación foi unha norma xurídica que promulgou durante a guerra civil española, o 20 de abril de 1937, o xeneral Francisco Franco en Salamanca. Mediante este fusionáronse baixo o seu mando os partidos políticos Falange Española de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FE de las JONS) e a Comunión Tradicionalista. A unión deu lugar a un novo partido único chamado Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET y de las JONS). Os restantes partidos políticos existentes na zona sublevada foron suprimidos.Decreto núm. 255.—Disponiendo que Falange Española y Requetés se Integren, bajo la Jefatura de S. E. el Jefe de Estado, en una sola entidad política, do carácter nacional, que se denominará «Falange Española Tradicionalista de las JONS», quedando disueltas las demás organizaciones y partidos políticos.

Boletín Oficial do Estado núm. 182, do 20 de abril de 1937. A súa promulgación veu precedida polos sucesos de Salamanca (ou «crises de Salamanca») da noite do 16 ao 17 de abril que puxeron de manifesto «a existencia dunha loita soterrada polo poder entre as diferentes fraccións aglutinadas na España franquista».

Antecedentes Tras a creación da Xunta Técnica do Estado en outubro de 1936, o seguinte paso no afianzamento do poder do novo líder das forzas rebeldes produciuse o ano seguinte. Despois do fracaso da toma de Madrid (entre novembro de 1936 e marzo de 1937) xurdiu a necesidade de que houbese unha maior unidade entre as forzas políticas que estaban a apoiar a sublevación. Nisto, Franco seguía o que foi sempre o modelo político do bando sublevado: a ditadura de Primo de Rivera. Cumpría crear un partido único a partir da fusión das dúas forzas que achegaran as súas milicias á insurrección (Alzamento Nacional, segundo o bando sublevado) e que máis creceran desde o inicio da guerra: o carlismo e o falanxismo. As outras forzas políticas que apoiaban o golpe de estado eran «toleradas» pero non estaban recoñecidas, como os monárquicos filofascistas de Renovación Española ou os corporativistas católicos da CEDA. Como non achegaban practicamente combatentes, apenas tiñan influencia e foron completamente marxinadas, como lle sucedeu ao líder da CEDA, José María Gil Robles. En outubro de 1936 había uns 36 000 falanxistas e uns 22 000 carlistas nas frontes. As outras tendencias, como os afonsinos ou os cedistas, achegaban uns 6 000. miniatura|José Millán-Astray, fundador da Lexión Española, xunto a un falanxista e a un carlista antes do Decreto de Unificación Porén, tanto falanxistas como carlistas tiñan os seus propios proxectos e aspiracións para o novo Estado que se estaba a construír na zona sublevada. O xefe nacional de FE de las JONS, José Antonio Primo de Rivera, estaba encarcerado en Alacant desde antes do inicio da guerra. Para suplir a súa ausencia, o 2 de setembro de 1936 constituíuse en Valladolid unha Xunta de Mando Provisional encabezada por Manuel Hedilla, un político de escaso nivel (e quizais nomeado por ese motivo) que non gozaba do prestixio de Primo de Rivera e que en pouco tempo empeorara as súas relacións co círculo de poder que rodeaba a Franco. A Xunta trasladouse a Salamanca a inicios de outubro para estar cerca do cuartel xeral de Franco, no Palacio Episcopal da cidade. O 21 de novembro celebrouse alí o III Consello Nacional de Falange, un día despois de o seu líder Primo de Rivera ser executado en Alacant conforme a condena a morte que ditou o tribunal que o xulgou, un feito que moi poucos falanxistas coñecían. A noticia da morte de José Antonio, coñecida a través da prensa republicana e estranxeira, ocultouse na España sublevada porque Franco utilizou o culto ao Ausente para deixar baleiro o liderado do partido e manexar Falange como un mecanismo de mobilización política da poboación civil.

Canto á Comunión Tradicionalista carlista, o seu líder Manuel Fal Conde tentou manter a independencia da súa organización e dos requetés. O primeiro paso importante que deu en decembro de 1936 foi tentar crear unha Real Academia Militar de Requetés, diferenciada das academias militares e por tanto fóra da estrutura do Exército. Tivo unha resposta fulminante por parte de Franco: someterse a un consello de guerra por «traizón» ou abandonar España. Fal Conde tomou a segunda opción e expatriouse a Portugal, de onde non regresou até o verán do ano seguinte, xa concluída a unificación. Inmediatamente despois, o 20 de decembro de 1936 Franco decretou a militarización das milicias carlistas e falanxistas.

As fracasadas negociacións entre falanxistas e carlistas Na primavera de 1937, Franco e o seu novo asesor político Ramón Serrano Suñer (o seu cuñado e antigo deputado da CEDA, quen chegara a Salamanca evadido da zona republicana) vían con preocupación as crecentes tensións entre afonsinos, carlistas, falanxistas e cedistas. A expulsión de Fal Conde a Portugal alporizara o ánimo de moitos carlistas. Aínda que a idea dunha unificación de todos os movementos políticos xa fora exposta nalgúns círculos, resultaba demasiado idílico como para ser un feito. Hedilla puxo condicións á posibilidade dunha unificación voluntaria, temendo a futuríbel e posíbel unificación imperativa á instancia de Franco e o seu Cuartel Xeral. A súa intención de favorecer a unificación (sempre que FE de las JONS mantivese unha posición preeminente no partido único resultante) foi visto como traizón aos principios primitivos do Movimiento por algúns líderes falanxistas como Agustín Aznar e Sancho Dávila.

O propio Franco consideraba que, para evitar que unha vez terminada a guerra puidese agromar en España o «perigo comunista», cumpría formar un réxime forte. Iso só podería facerse mediante a unificación de todas as forzas españolas, agrupadas nun só ideal nacional. Segundo Franco, estaba a producirse ademais un fenómeno político na captación de afiliados por parte de Falange e do Requeté. A opinión española polarizábase en ambas organizacións; a masa de significación esquerdista afiliábase a Falanxe, mentres que a de dereitas facíao no Requeté. Así, novamente se crearían en España as eternas disensións entre dereitas e esquerdas, coa consecuente loita de clases, o cal urxía evitar en beneficio de España para facer realmente eficaz e positivo o triunfo da guerra.

Desde o Cuartel Xeral de Franco en Salamanca, Serrano Suñer propiciou un achegamento entre a Comunión Tradicionalista e Falange Española de las JONS con vistas á súa fusión. Porén, as diferenzas ideolóxicas e políticas que as separaban eran case insalvábeis, pois eran as que separaban o tradicionalismo do fascismo. Ademais, había outro obstáculo innegociábel: que á fronte do partido único se situase o propio Franco. Iso implicaba que ambas partes tiñan que aceptar que a nova formación política quedase supeditada ao poder persoal de Franco, vértice do poder militar e político. Para apoiar esta idea difundiuse desde o Cuartel Xeral de Salamanca o lema unha Patria, un Estado, un Caudillo, copia do lema nazi ein Volk, ein Reich, ein Führer («un pobo, un imperio, un líder»). Algunhas fontes sinalaron o tenente de enxeñeiros Ladislao López Bassa como un dos ideólogos do estabelecemento dunha «Falanxe unificada e franquista».

A unificación voluntaria dirixíase a protexer a autonomía de ambas formacións políticas ante o temor a unha unificación imperativa por forzas alleas aos seus principios ideolóxicos. Ademais, buscábase evitar quedar excluídos dun primeiro goberno do Estado. En todo caso, pensaban ofrecerlle a Franco un mando máis ou menos simbólico no novo partido pensando que as dúas organizacións unificadas reterían o verdadeiro control. En realidade, os dirixentes falanxistas visualizaban a unión voluntaria como unha absorción, é dicir, o ingreso da Comunión Tradicionalista en Falange Española de las JONS a cambio dalgunhas contrapartidas.

As conversacións entre falanxistas e carlistas iniciáronse o 16 de febreiro de 1937 en Lisboa, onde se exiliara Manuel Fal Conde. Nese encontro os negociadores falanxistas propuxeran que o rexente da Comunión, Javier de Borbón-Parma, delegase o seu mando en Falange. Pola súa banda, Fal Conde propuxo que este, Javier de Borbón-Parma, fose o xefe do movemento unificado e que «(o movemento unificado) tampouco implicaría a incorporación dun partido no outro, senón unha unión na que mantivesen a autonomía cada un». Os únicos acordos consensuados en Lisboa foron:

Ese mesmo febreiro retomáronse en Salamanca as negociacións. Nelas os falanxistas insistiran na absorción por integración dos carlistas en Falange. A cambio aceptaban a instauración dunha monarquía católica e tradicionalista, pero abrindo a porta a diversas opcións de candidatos a ocupala como rexentes, como o propio Franco ou Xoán de Borbón e Battenberg. En todo caso, Hedilla tamén estableceu contactos con Franco e a súa contorna política (Serrano Suñer, Pedro González-Bueno y Bocos ou Ladislao López Bassa), co que mantería boas relacións. Nese sentido, Thomàs resume a estratexia do xefe falanxista:

Todo isto non deixou de crear tensións no seo de ambos partidos. No carlismo, o núcleo navarro do conde de Rodezno (máis pragmático e proclive á unión de forzas) opúñase á facción de Fal Conde, máis intransixente. En Falange atopábanse o núcleo agrupado ao redor de Hedilla (que aceptaba a unificación sempre que o predominio fose para FE de las JONS) e o contrario a calquera perda de identidade e autonomía. Neste último destacaba o que Thomàs denomina «o grupo Primo», formado polo clan joseantoniano. O faccionalismo dentro de Falange desembocou nun intento de destitución de Hedilla por parte do triunvirato Agustín Aznar, Sancho Dávila e Jesús Muro Sevilla, este último substituído por renuncia voluntaria por José Moreno (antigo xefe territorial de «Navarra e Vascongadas»), xunto ao novo secretario xeral, Rafael Garcerán Sánchez. A resposta de Hedilla e a súa camarilla (destacando José Antonio Serrallach, Víctor de la Serna e José María Alonso Goya) a noite do 16 ao 17 de abril de 1937 detonou os «Sucesos de Salamanca», enfrontamento entre falanxistas dunha facción e outra durante os cales morreron varias persoas. O aantedito enfrontamento foi aproveitado por Franco para impor a súa unificación.

O Decreto de Unificación de abril de 1937 miniatura|Debuxo publicado na revista infantil Flechas y Pelayos en maio de 1937, aludindo á unificación Finalmente, o Cuartel Xeral de Franco decidiu actuar. O 18 de abril, os falanxistas contrarios á fusión celebraron un Consello Nacional no que elixiron a Manuel Hedilla como xefe nacional «até que se reintegrase ao seu posto José Antonio Primo de Rivera ou Raimundo Fernández-Cuesta. Ese mesmo día o propio Franco anunciou nun discurso a súa resolución de promulgar o día seguinte un Decreto de Unificación de Falange Española e a Comunión Tradicionalista, que pasaban a estar agora baixo a súa xefatura directa como xefe nacional. O escritor falanxista Ernesto Giménez Caballero foi o autor do borrador do discurso que pronunciou Franco ante o micrófono de Radio Nacional desde o Cuartel Xeral, cuxo edificio fora cedido a Franco polo bispo de Salamanca Enrique Pla y Deniel. «Explicando as razóns e propósitos da Unificación —escribiu Serrano Suñer nas súas memorias—, Franco leu un discurso ben construído, obra do escritor Giménez Caballero na súa case totalidade —pois non había nel máis que unhas liñas miñas—, que causou moi boa impresión entre un sector tradicionalista no que lembro os grandes eloxios que mereceu do conde de Rodezno».