miniatura|250px|Río Avia ao seu paso por Leiro. Avia é un nome propio feminino galego. A súa orixe está nun río afluente do Miño, que forma parte de nomes de núcleos de poboación como Ribadavia ou Carballeda de Avia. A súa etimoloxía é prerromana e contén unha raíz hidronímica indoeuropea: *aw(e)‑ ‘humedecer, mollar, fluír’.

En xaneiro de 2023 existían 10 mulleres en Galicia co nome Avia, cunha media de idade de 17 anos.Avia na Web do Instituto Galego de Estatística

Historia O seu uso estendeuse a finais do século XX, incorporándose ao corpus dos nomes galegos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos de orixe celta Categoría:Nomes femininos galegos