miniatura|Aviso de deceso remitido polo Goberno francés a súa muller Faustina Jesús Vázquez Baldominos, nado no concello de Esgos o 1 de xullo de 1910, e finado o 26 de outubro de 1941 no campo de concentración de Gusen, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.

Traxectoria borda|esquerda|miniatura|Rexistro no campo de Mauthausen O pai, Nicanor, guardia civil, era natural do Castro de Caldelas. A súa nai era de El Pozo (Guadalajara). Un dos seus irmáns, David, tivo un papel destacado nos servizos de intelixencia da República durante a Guerra Civil.

Jesús vivía en Madrid antes do comezo da Guerra Civil, casado con Faustina Padilla Ruiz, na rúa Francos Rodríguez, número 13. Tiveron unha filla, María Jesús. Durante a contenda, o 1 de xaneiro de 1937, ingresou no Instituto de Carabineros.

Exiliado en Francia, pertenceu a 9ª Compañía de Traballadores Estranxeiros formada o 30 de abril de 1939. Foi capturado polos alemáns no Departamento do Nord o 4 de xuño de 1940. Internado nos stalags VIII-C de Zagan (Polonia) e XII-D de Tréveris coa matrícula 37163.

Ingresou en Mauthausen o 25 de xaneiro de 1941. O seu número era o 3418. Rexistrado como impresor ou tipógrafo, casado e católico. Morreu o 26 de outubro de 1941 en Gusen, co número 13763. Chegara ao "matadoiro" só seis días antes desde o campo central de Mauthausen.

O aviso de deceso, do Ministerio de Antigos Combatentes e Vítimas de Guerra, emitido en 1951, diríxese a súa muller, Faustina, con enderezo na rúa Francos Rodríguez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. ISBN 978-84-16213-01-6 Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. ISBN 9788481812909 Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. ISBN 9788466655880 VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies. Wachsmann, Nikolaus (2015). Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona. Crítica. ISBN 978-8498928723

Categoría:Nados en 1910 Categoría:Nados en Esgos Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Finados en 1941 Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa