O Club Balonmán Reconquista de Vigo é un club de balonmán de Vigo. Na tempada 2025-26 competiu na Primeira División masculina, a terceira categoría estatal despois da liga ASOBAL e a División de Honra Prata. O club foi fundado en 2019 por iniciativa de pais e nais da desaparecida Academia Octavio.

O nome do club fai referencia á Reconquista viguesa, isto é, a expulsión dos soldados franceses grazas ao alzamento popular que, no contexto da Guerra da Independencia española, ocorreu en Vigo o 28 de marzo de 1809, cando as tropas do exército do Primeiro Imperio Francés de Napoleón Bonaparte saíron da vila.

Traxectoria Categoría masculina TempadaCategoríaPosto2019-2020Segunda Autonómica2º 10px|ascenso2020-2021Primeira Nacional15º2021-2022Primeira Nacional6º 2022-2023Primeira Nacional7º 2023-24Primeira Nacional4º2024-25Primeira Nacional6º2025-26Primeira Nacional9º

Notas

Véxase tamén Outros artigos Reconquista de Vigo Festa da Reconquista Sociedad Deportiva Octavio Deporte en Vigo

Ligazóns externas O Balonmán Reconquista, un proxecto consolidado Reportaxe no xornal La Voz de Galicia.

Reconquista Categoría:Deporte en Vigo