A Leoa de Baena é unha escultura ibera de pedra calcaria datada a finais do século VI a. C. Foi atopada no sitio arqueolóxico do Cerro de Minguillar, situado na localidade de Baena (Córdoba, España), onde se atopan os restos da antiga Iponuba, cidade ibero-romana pertencente á rexión Bética.
Representa unha leoa deitada e en actitude ameazante, e seguramente foi parte dun monumento funerario cuxa tumba estaría a protexer simbolicamente.
A escultura está exposta no Museo Arqueolóxico Nacional de España (Madrid), xunto a diversas esculturas do período ibero, e ten o número de inventario 20418. Atópase unha reprodución en bronce na praza Palacio de Baena e outra no Museo Histórico e Arqueolóxico de Baena.
Véxase tamén
Outros artigos Leoa de Bujalance Touro de Osuna Leoa ibera de La Rambla
Categoría:Iberos Categoría:Esculturas iberas Categoría:Coleccións do Museo Arqueolóxico Nacional de España