O campo de concentración de Rianxo foi un dos campos de concentración do franquismo, que acolleu prisioneiros do bando republicano. Situado en Rianxo, estivo activo entre 1937 e 1939.
Historia Estaba situado nunha fábrica de salazón pertencente á familia Godoy, situada xunto á ría de Arousa. O recinto chegou a ter unha capacidade de 2.000 prisioneiros. Operou polo menos, entre outubro de 1937 e decembro de 1939. O seu lugar ocúpao hoxe unha parcela urbanizable.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Rianxo Categoría:Guerra civil española en Galicia Rianxo Rianxo