(A) Senile Animal é un álbum da banda estadounidense de sludge metal The Melvins, editado o 10 de outubro do 2006 a través do selo Ipecac Recordings. É o seu primeiro álbum de estudio baixo o nome de The Melvins dende o álbum Hostile Ambient Takeover do ano 2002. O disco gravouse tras a saída de Kevin Rutmanis do grupo, e os dous membros restantes, King Buzzo e Dale Crover, contaron coa banda Big Business para realizar o traballo.
No ano 2007 realizouse un vídeo para a canción "The Talking Horse", e o tema "A History of Bad Men" aparece no filme dese mesmo ano I Know Who Killed Me, protagonizado por Lindsay Lohan.
Listaxe de cancións
A Senile Animal A Senile Animal Categoría:Álbums de Ipecac Recordings