O Marineda Hockey é un club galego de hóckey a patíns, con sede na Coruña. Fundado en xullo de 2025, na tempada 2026/27 competirá na OK Liga Feminina. Xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes de Riazor e anteriormente fíxoo no Complexo Polideportivo Agra I, na Agra do Orzán.

Historia O Marineda Hockey naceu en xullo de 2025, fundado por un grupo de socios do Hockey Clube Coruña Feminino uns meses antes da desaparición dese club. Ante a turbulenta situación que estaba a atravesar a entidade (con numerosas dimisións e destitucións, a presentación dunha moción de censura e a saída de case a totalidade de xogadoras) un grupo de descontentos decidiron a creación do novo club, tomando como base catro xogadoras que querían continuar xogando na cidade (Alba Garrote, Efe Muñoz, Alejandra Martín e Mar Franci).

Comezou a competir na OK Liga Prata e na súa primeira tempada (2025/26) gañou a Copa da Princesa e acadou a primeira posición na liga, logrando así o ascenso á OK Liga. Tralo ascenso anunciouse que na tempada 2026/27 pasaría a xogar como local no Pazo dos Deportes de Riazor.

Palmarés

OK Liga Prata (1): 2025/26. Copa da Princesa (1): 2026.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Equipos de hóckey a patíns da Coruña Categoría:Deporte feminino