Ambra Gjegji, nada en Ulëz Barrel (Albania) o 15 de marzo de 1997, é unha futbolista albanesa, que xoga como dianteira no KFF Mitrovica de Kosovo e na selección de Albania.
Traxectoria Na súa Albania natal militou no Vllaznia Shkoder, antes de pasar ao fútbol kosovar en 2017. Tras unha campaña no KFF Hajvalia, fichou en 2018 polo Mitrovica, no que xogou durante as seguintes catro campañas. Con este club conquistou tres veces a liga kosovar e disputou a Liga de Campións da UEFA.
A súa vida cambiou en 2022, cando nunha viaxe a Galicia foi detida, acusada de narcotráfico, e finalmente condenada a prisión. Cumpriu a súa condena no cárcere de Teixeiro e durante ese tempo militou no Torre Teixeiro de fútbol sala, un equipo masculino da propia prisión adestrado por Pilar Neira, despois de recibir unha autorización especial para competir con homes nunha liga federada.
Tras saír de prisión militou no Victoria B da Coruña, na Primeira Galega. Na súa primeira campaña conquistou a Copa da Coruña, marcando un triplete na final contra o Pastoriza no estadio de Riazor. Para a tempada 2025/26 continuou no filial do Victoria, ao non obter a documentación necesaria para militar no primeiro equipo. Máxima goleadora da categoría (con 33 goles en 25 partidos), conseguiu o ascenso á Terceira RFEF, aínda que deixou o equipo en maio, antes do remate da competición, para regresar a Kosovo e ao Mitrovica. Esa mesma campaña proclamouse campioa da liga de Kosovo.
Palmarés Mitrovica Primeira División de Kosovo (4): 2018/19, 2019/20, 2020/21, 2025/26. Copa de Kosovo (4): 2018/19, 2019/20, 2020/21, 2021/22.
Victoria B Primeira División Galega (1): 2025/26. Copa da Coruña (1): 2025.
Notas
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Albania Categoría:Futbolistas de Albania Categoría:Dianteiros de fútbol