O Parc del Migdia (en galego, Parque do Mediodía) é un parque urbano da cidade de Xirona, ao sur do centro da cidade, entre os barrios do Eixample e do Pla de Palau. Foi construído no lugar duns cuarteis militares (1943-1993) demolidos polo consorcio MBM arquitectes. Ten un estanque artificial, unha cafetería, unha zona de herba e varias zonas con vexetación. Está pechado pola noite por un valo, agás nunha parte ao norte onde está pechado por varios edificios.

Historia Durante a década de 1940, construíronse grandes cuarteis militares en Xirona no sector de Pla de Palau. Durante décadas, ese espazo tivo un uso exclusivamente militar, e estivo considerablemente desconectado do resto do crecemento urbano da cidade.

Coa chegada da democracia, diversas entidades e sectores cidadáns comezaron a esixir que estes terreos se destinasen a usos civís. A demanda foi medrando ao longo da década de 1980 ata que, en 1985, o ministro de Defensa español, Narcís Serra, asinou un acordo co Concello de Xirona para que os terreos militares fosen transferidos parcialmente á cidade. A operación prevía combinar novos espazos públicos con urbanizacións residenciais.

As primeiras obras de demolición comezaron o 21 de xullo de 1993. Non obstante, a transformación completa alongouse durante diversas fases durante máis dunha década. O 19 de xullo de 1996, as máquinas retomaron unha última etapa de demolición, eliminando progresivamente os edificios militares que aínda estaban en pé. O Parc del Migdia inaugurouse en 1999. Os últimos edificios do antigo cuartel non foron demolidos por completo ata o ano 2004, especialmente os situados preto do futuro aparcadoiro adxacente ao parque.

Durante os anos de crecemento inmobiliario de finais dos noventa e principios dos 2000, o sector tamén experimentou un rexurdimento do valor residencial. As dúas torres de vivendas construídas xunto ao estanque convertéronse nun elemento moi recoñecible da nova paisaxe do barrio e nunha das urbanizacións máis coñecidas da cidade.

A transformación urbana non se limitou aos antigos cuarteis, senón que se extendeu aos seus arredores. A partir do ano 2000, a operación estendeuse á zona dos Químicos, coa demolición da antiga fábrica e a construción de novas vivendas e instalacións.

A principios da década de 2010, o proxecto aínda estaba en evolución, con novas instalacións culturais previstas para o sector. Entre elas estaban a nova biblioteca de Xirona, a Biblioteca Carles Rahola, a máis do futuro centro de arte contemporánea El Bòlit, concibidos como pezas clave para converter a zona nun novo centro cultural para a cidade.

Durante a década de 2020, continuouse avanzando na construción das últimas instalacións residenciais, así como na renovación da concesión do bar presente no local.

Vista desde unha perspectiva, a conversión do antigo cuartel do Pla de Palau está considerada unha das operacións urbanas máis significativas da Xirona contemporánea. O proxecto permitiu recuperar unha ampla zona previamente pechada e militarizada para uso cidadán, transformándoa nun espazo residencial, verde e cultural integrado na cidade.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Xirona