Estado Novo ou II República Portuguesa é o nome do réxime político que tivo lugar durante 41 anos en Portugal de forma ininterrompida, desde 1933, coa aprobación dunha nova Constitución por plebiscito nacional, até 1974, coa Revolución dos Cravos.

Historia

Características Este período dictatorial, autoritario e corporativista, caracterizouse pola centralización do poder, a represión das liberdades civís e políticas, e a censura dos medios de comunicación. O sistema corporativista organizaba a sociedade en corpos ou gremios, controlados polo Estado, eliminando a participación política libre e a pluralidade de partidos.

Tratouse da ditadura máis longa na Europa Occidental durante o século XX. Alongouse durante 48 anos, incluíndo a ditadura militar de 1926 a 1933 e o Estado Novo que abrangue o período entre os anos 1933 e 1974.

O réxime mantivo unha política colonialista e resistiu as correntes democráticas que se espallaban por Europa, sendo finalmente derrubado en 1974.

Terminoloxía Coa designación Estado Novo pretendíase dicir que se iniciaba unha nova fase política do país, diferente da Primeira República Portuguesa.

A pesar de que o período era formalmente a Segunda República Portuguesa, tanto Salazar como o seu sucesor Marcelo Caetano evitaron empregar ese termo, entre outras cousas por teren apoios monárquicos.O período da historia de Portugal que se corresponde coa actual democracia instaurada após a Revolución do 25 de abril de 1974 é formalmente chamado Terceira República, cuxo nome oficial é simplemente República Portuguesa.

É tamén chamado Salazarismo, malia que este último termo pode tamén ser aplicado ao período en que António de Oliveira Salazar gobernou, é dicir, desde a súa ascensión ao cargo de Presidente do Consello de Ministros en 1932 até o seu afastamento por doenza en 1968. Salazar foi substituído despois por Marcelo Caetano, xefe do Goberno entre 1968 e 1974. Non obstante, esta última designación revela que o Estado Novo estaba moi centrado e dependía profundamente da figura de Salazar, o seu fundador e "xefe".

Caetano asumiuse como "continuador" de Salazar pero, varios autores prefiren dar un nome de seu a este período do Novo Estado e falan de Marcelismo.

Aínda que Marcelo Caetano tentou renomear publicamente o réxime ou designalo como “Estado Social”, simulando o resultado dun pacto social que, nos termos liberais, nunca existiu, esa designación nunca enraizou.

Notas

Véxase tamén

Autocracia Autoritarismo Corporativismo Ditadura Estilo portugués suave, tamén chamado Estilo Estado Novo Fascismo Golpe de Estado Nacionalcatolicismo Primeira República Portuguesa Terceira República Portuguesa

Categoría:Estados desaparecidos de Europa Categoría:Anticomunismo Categoría:Repúblicas desaparecidas Categoría:Estados fascistas Categoría:Ditaduras militares Categoría:Estados unipartidistas Categoría:Historia contemporánea de Portugal