Aubin-Louis Millin de Grandmaison, nado en París o 19 de xullo de 1759 e finado na mesma cidade o 14 de abril de 1818, foi un naturalista e bibliotecario francés, erudito en varios campos, sinaladamente a arqueoloxía, a numismática e a historia da arte medieval e clásica. Foi presidente da Biblioteca Nacional de Francia e director do Gabinete de Medallas desta institución.
Traxectoria
Orixe familiar Aubin Louis Millin de Grandmaison naceu en París en xullo de 1759,"Millin de Grandmaison, Aubin Louis Eleuthérophile ". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr). fillo de Noëlle Geslin e de Alexandre Millin de Grandmaison,"Aubin Millin de Grandmaison dit Eleuthérophile Millin". Geneanet.org unha familia da vella burguesía francesa, oriúnda da rexión de Nivernais, que desde o século XVII exercera cargos xudiciais e na bailía.Dioudonnat, P. M. (2012). Le Simili-Nobiliaire-Français. Sedopols. Páxina 575. ISBN 978-2904177231
Carreira como erudito A súa traxectoria profesional transcorreu case por completo na Biblioteca Nacional de Francia, á que se incorporou en 1778 como empregado temporal.Dupuy-Vachey, M. A. (2014). Páxina 173.
Inicialmente, centrou o seu interese nas ciencias naturais, e en 1787 foi un dos fundadores da Société linnéenne de Paris, mais o estoupido da Revolución Francesa, cuxas ideas compartía nun principio, fixo que a súa carreira tomase unha nova dirección. Consciente do valor histórico do patrimonio arquitectónico, na década de 1790 emprendeu a publicación de diversos artigos e traballos monográficos sobre esta temática, entre as que cómpre salientar Antiquités nationales, publicada en cinco volumes entre 1790 e 1799.Véxase "(1790-1799)" en "Publicacións".
Millin foi encarcerado en setembro de 1793,Waquet, D. (2026). por mor da súa hostilidade cara aos xacobinos, mais a caída de Robespierre permitiulle fuxir da guillotina e foi liberado logo dun ano na cadea.
Entre 1795 e 1816 exerceu como editor de Magasin encyclopédique ou journal des sciences, des lettres et des arts, unha revista en cuxa fundación el mesmo contribuíra en 1792, e que en 1817 foi sucedida polos Annales encyclopédiques, creados polo propio Millin. O Magasin serviulle para manter lazos coas comunidades científicas, literarias e artísticas de toda Europa.Dupuy-Vachey, M. A. (2014). Páxina 174. De feito, Millin mantivo estreito contacto epistolar con persoeiros como o naturalista Alexander von Humboldt e o seu irmán, o filósofo Wilhelm von Humboldt, así como August Wilhelm von Schlegel, figuras fundadoras do movemento romántico alemán.Dupuy-Vachey, M. A. (2014). Páxinas 175-176.
miniatura|320x320px|esquerda|Gravado cun retrato de Aubin-Louis Millin de Grandmaison.
Na Biblioteca Nacional, logo dunha ausencia de arredor dunha década, sucedeu o 10 de xuño de 1795 a Barthélemy de Courcay como profesor de Arqueoloxía e conservador do Gabinete de Medallas, Moedas e Antigüidades,Lehoux, E. (2017). "L’enseignement de l’archéologie au 19e siècle: Aubin Louis Millin à la Bibliothèque nationale". L'Antiquité à la BnF (antiquitebnf.hypotheses.org). cargo que ocupou ata o seu falecemento. Paralelamente o 27 de outubro de 1795 foi elixido secretario, e o 18 de outubro de 1799 presidente da Biblioteca."Aubin-Louis Millin de Grandmaison". En Amandry, M. (2005). "Les directeurs du département des Monnaies, Médailles et Antiques depuis 1719". Bibliothèque nationale de France. Comité d'histoire.
Millin emprendeu dúas viaxes longas, a primeira entre 1804 e 1806 ao Sur de Francia (a rexión de Midi), e a segunda a Italia de 1811 a 1813. En ambos os casos, estas experiencias ficaron reflectidas en varias monografías.D'Achille, A. M. (2012).
Ao longo da súa traxectoria como erudito, formou parte de numerosas academias e sociedades eruditas, entre elas a Académie des inscriptions et belles-lettres, de París,a Academia Prusiana das Ciencias, a Academia das Ciencias de Turín, a Academia Leopoldina, a Real Academia das Artes e as Ciencias dos Países Baixos ou a Academia das Ciencias de Gotinga. Ademais, por decreto do 25 de abril de 1806, Millin de Grandmaison foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra."Millin, Aubin Louis". Base de données Léonore. Archives nationales (leonore.archives-nationales.culture.gouv.fr).
Aubin Louis Millin finou en París o 14 de abril de 1818, aos 58 anos, e foi soterrado no cemiterio de Père-Lachaise.Marchant de Beaumont, F. M. et al. (1822). Vues pittoresques, historiques et morales du cimetière du P. La Chaise. Vol. I. Páxina 423.
Publicacións Esta é unha escolma da abundante produción bibliográfica de Millin de Grandmaison:
(1790-1799). Antiquités nationales ou Recueil de monumens pour servir à l'histoire générale et particulière de l'empire françois, tels que tombeaux, inscriptions, statues [...]. Tomo I (1790); Tomo II (1791); Tomo III (1791); Tomo IV (1792); Tomo V (1799). Marie-François Drouhin, París. (1794). Annuaire du républicain ou légende physico-économique : avec l'explication des trois cents soixante-douze noms imposés aux mois et aux jours [...]. M. F. Drouhin, París. (1802-1806). Monumens antiques, inédits ou nouvellement expliqués. Tomo I (1802); Tomo II (1806). Laroche, París. (1806). Histoire métallique de la Révolution française, ou description des médailles et des monnoies qui ont été frappées depuis la convocation des États-Généraux jusqu'aux premières campagnes de l'Armée d'Italie. Imprimerie Impériale, París. (1807-1811). Voyage dans les départements du midi de la France. Tomo I (1807); Tomo II (1807); Tomo III (1808); Tomo IV 1ª (1811); Tomo IV 2ª (1811). Imprimerie nationale, París. (1808). Comparaison des hippocentaures et des taurocatapsies de la Thessalie avec les bouviers et les ferrades de la Camargue. J. B. Sajou, París. (1808-1810). Peintures de vases antiques, vulgairement appelés étrusques. Vol. I (1808); Vol. II (1810). P. Didot, París. (1811). Galerie mythologique, recueil de monuments pour servir à l'étude de la mythologie, de l'histoire de l'art, de l'antiquité figurée et du langage allégorique des anciens. Tomo I; Tomo II. Soyer, París. (1812). Description des tombeaux qui ont été découverts à Pompeï dans l'année 1812. Imprimerie Royale, Nápoles. (1814). Extrait de quelques lettres adressées à la classe de la littérature ancienne de l’Institut impérial par A.-L. Millin pendant son voyage d’Italie. J. B. Sajou, París. (1816). Description des tombeaux de Canosa : ainsi que des bas-reliefs, des armures, et des vases peints qui y ont été découverts en MDCCCXIII. P. Didot, París. (1816). Voyage en Savoie, en Piémont, à Nice et à Gênes. Tomo I; Tomo II. Wassermann, París. (1817). Voyage dans le Milanais, à Plaisance, Parme, Modène, Mantoue, Crémone, et dans plusieurs autres villes de l'ancienne Lombardie. Tomo I; Tomo II. Wassermann, París. (1817). Pierres gravées inédites tirées des plus célèbres cabinets de l'Europe. Bureau des annales encyclopédiques, Parós. (1819). Medallic history of Napoleon. Londres. (1837). Abrégé des antiquités nationales ou Recueil de monuments pour servir à l'histoire de France. J. N. Barba, París.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
D'Achille, A. M. (2012). Voyages et conscience patrimoniale: Aubin-Louis Millin (1759-1818) entre France et Italie. Campisano, Roma. Dupuy-Vachey, M. A. (2014). "1985-2014 - La redécouverte d’Aubin-Louis Millin". En Studiolo. 10. Páxinas 172-183.
Waquet, D. (2026). "Millin [de Grandmaison], Aubin Louis". En Dictionnaire des habitants, occupants, propriétaires et lieux remarquables de la rue et du cloître Saint-Honoré pendant la Révolution et l'Empire. Société d'études robespierristes, París. Páxina 395.
Categoría:Nados en 1759 Categoría:Finados en 1818 Categoría:Nados en París Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Botánicos de Francia Categoría:Bibliotecarios Categoría:Naturalistas Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres Categoría:Directores de museos