Monumentos e sitios históricos de Kaesong é un Patrimonio da Humanidade da UNESCO en Kaesong, Corea do Norte. O sitio consta de 12 compoñentes separados, que xuntos testemuñan a historia e a cultura da dinastía Koryo dos séculos X ao XIV. A disposición xeomántica da antiga capital de Kaesong, os seus palacios, institucións e complexo de tumbas, muros defensivos e portas encarnan os valores políticos, culturais, filosóficos e espirituais dunha época crucial na historia da rexión. Os monumentos inscritos tamén inclúen un observatorio astronómico e meteorolóxico, dúas escolas (incluída unha dedicada á educación de funcionarios nacionais) e estelas conmemorativas. O sitio testemuña a transición do budismo ao neoconfucianismo no leste asiático e a asimilación dos valores culturais, espirituais e políticos dos estados que existían antes da unificación de Corea baixo a dinastía Koryo. A integración dos conceptos budistas, confucianos, taoístas e xeománticos maniféstase na planificación do sitio e na arquitectura dos seus monumentos. O sitio Patrimonio da Humanidade foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial en 2013 segundo os criterios (II) e (III). O sitio ten unha superficie de 494,2 ha cunha zona de amortecemento de 5.222,1 ha.

Compoñentes O sitio está formado por 12 compoñentes separados. Cinco deles forman parte das Murallas de Kaesong. CompoñenteImaxe1Palacio de Manwoldae e Kaesong Chomsongdae150px2Murallas de Kaesong150x150px3Porta Namdae de Kaesong150px 4Koryo Songgyungwan150px5Sungyang Sowon150px6Ponte de Sonjuk e monumentos de Phyochung150x150px7Mausoleo do rei Wang Kon150px8Mausoleo do rei Kongmin150px

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Corea do Norte

Ligazóns externas Historic Monuments and Sites in Kaesong na UNESCO

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Corea do Norte