Santiago Bruno Olmo García, nado en Madrid en 1958, é un fotógrafo español, crítico de arte, profesor universitario e comisario de exposicións de arte contemporáneo. Está especializado en fotografía e arte contemporáneo centroamericano e africano. Foi director do Centro Galego de Arte Contemporánea.http://www.20minutos.es/noticia/2473386/0/santiago-olmo-sera-nuevo-director-cgac-tras-polemico-proceso-eleccion/ Traxectoria Licenciado en filosofía pola Universidade Complutense de Madrid, completou a súa formación en literatura, música, práctica artística e formación teórica. Estes coñecementos facilitáronlle entender a problemática da arte contemporánea dunha maneira integral, desde a comprensión dos postulados e reivindicacións dos artistas ata a xestión na realización tanto das obras como do proceso expositivo.
Como crítico de arte colaborou con artistas e institucións publicando artigos para catálogos, e exerceu a crítica independente en Mallorca, Barcelona, en revistas especializadas de arte contemporáneo como Artecontexto e a Revista Internacional Lápiz da que foi editor.
Comisariou as exposicións: representación española na International Graphic Art Biennale of Ljubljana (Eslovenia) en 1993; representación española na XXIV Bienal de São Paulo en Brasil en 1996; comisario por España da Triennale de Milán en 2001; comisario da selección de España nos Rencontres Photographiques Bamako (Mali) e en Kinshasa (RDC) en 2005; comisario da Bienal de Pontevedra en 2010 onde fixó a análise dos fenómenos de inmigración, mediante exposicións de artistas centroamericanos e galegos, ademais da XVIII Bienal de Guatemala en 2012 sobre Centroamérica e o Caribe. Traballou no Fondo Fotográfico da Universidade de Navarra co fotógrafo Valentín Vallhonrat. As primeiras exposicións que programou como director do CGAC en 2016 foron Proxectos fotográficos, interaccións de Javier Vallhonrat sobre a idea da paisaxe; a exposición "Teoría e Práctica do Deserto" do artista mallorquín Antoni Socias da que foi comisario e a exposición retrospectiva Rexistros Domesticados en 2016, da artista bilbaína Marisa González. Foi cesado como director do CGAC pola Xunta de Galicia o 2 de abril de 2026.Santiago Olmo: «El CGAC resistirá» Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Santiago Olmo. Director del Centro Galego de Arte Contemporánea
Ficha en tebeosfera
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Fotógrafos Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Presidentes do Centro Galego de Arte Contemporánea